CTEM

acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

CTEM é o acrónimo que serve para designar as disciplinas académicas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. É o equivalente en galego de STEM,[1] o acrónimo en inglés de science, technology, engineering e mathematics. En alemán, o acrónimo equivalente é MINT, de Mathematik, Informatik, Naturwissenschaft e Technik.

Este termo utilízase, sobre todo nos Estados Unidos e Europa, para abordar determinados tratamentos sobre temas relacionados coas ciencias, a educación, a forza de traballo, a seguridade nacional ou a inmigración.[1] [2][3][4]

Ámbito editar

As definicións do alcance do CTIM, e o que se exclúe, varía dunha organización a outra. Na súa definición máis ampla, CTIM inclúe os campos da química, a informática, a tecnoloxía da información, a enxeñaría, as ciencias da Terra, as ciencias da vida, as matemáticas, a física, a astronomía, a psicoloxía e as ciencias sociais.

En 2011, os organismos estadounidenses United States National Research Council (Consello Nacional de Investigación) e a National Science Foundation (Fundación Nacional para a Ciencia), estas disciplinas foron consideradas fundamentais para as sociedades tecnoloxicamente avanzadas.

A educación CTIM contribúe a conseguir unha maior competitividade e, por conseguinte, axudará no futuro a alcanzar unha maior prosperidade económica, e é un claro índice da capacidade dun país para manter un crecemento sostido.

Ten implicacións para o desaenvolvemanto da man de obra, os problemas de seguridade nacional e a política de inmigración. Os sistemas educativos e as escolas desempeñan un papel central na determinación do interese das nenas e os nenos polas materias CTIM e na igualdade de oportunidades para acceder e beneficiarse dunha educación CTIM de calidade.

Nos Estados Unidos editar

Nos Estados Unidos, o acrónimo comezou a utilizarse nos debates sobre educación e inmigración en iniciativas para empezar a abordar a falta de candidatos cualificados para emprgos de alta tecnoloxía. Tamén aborda a preocupación de que as materias se ensinen frecuentemente de forma separada, en lugar de dentro dun currículo integrado. Manter unha cidadanía ben preparada nos campos CTIM é unha parte clave da axenda da educación pública dos Estados Unidos.[5]

O acrónimo foi amplamente utilizado no debate sobre a inmigración, con respecto ao acceso aos visados de traballo para inmigrantes aos Estados Unidos que sexan expertos nestes campos. Esta versión do termo foi acreditada en Texas. Tamén se converteu nun tema común nos debates sobre educación con referencia á escaseza de traballadores cualificados e á educación inadecuada nestas áreas.[6] O termo adoita non referirse aos sectores non profesionais dos campos que permanecen invisíbeis como, por exemplo, o traballo nunha liñaa de montaxe de produtos electrónicos.

Educación editar

Ao fomentar o interese nas ciencias naturais e sociais no ensino preescolar ou inmediatamente despois do ingreso na escola, as posibilidades de éxito do CTIM na escola secundaria poden mellorar enormemente. A integración escolar nos Estados Unidos pode axudar aos estudantes negros, hispanos e indíxenas a alcanzar o nivel dos estudantes asiáticos e brancos.[7]

O CTIM apoia a extensión do estudo da enxeñaría en cada unha das outras materias, e o inicio da enxeñaría nos primeiros graos, incluso na escola primaria. Tamén leva a educación STEM a todos os estudantes, en lugar de facelo só nos programas para estudantes máis dotados. No seu orzamento para 2012, o presidente Barack Obama ampliou o da Mathematics and Science Partnership (Asociación de Matemáticas e Ciencias) para outorgar subvencións aos Estados para melloraren a formación docente nestas materias.[8]

Emprego editar

En novembro de 2012, un comunicado da Casa Branca antes da votación no Congreso da "Lei de Emprego STEM" supuxo ao presidente Obama a oposición de moitas das empresas e executivos do Silicon Valley que financiaran a súa campaña de reelección.[9]

O Departamento de Traballo identificou 14 sectores que "se supón que engadirían un número substancial de novos empregos á economía ou suporían o crecemento doutras industrias, ou que están en vías de transformación pola tecnoloxía e a innovación que requiren un novo conxunto de habilidades para os traballadores".[10] Os sectores identificados foron os seguintes: manufactura avanzada, automotriz, construción, servizos financeiros, tecnoloxía xeoespacial, seguridade nacional, tecnoloxía da información, transporte, tacnoloxía aeroespacial, biotecnoloxía, enerxía, saúde, hostalaría hospitalaria e comercio retallista.

O Departamento de Comercio dos Estados Unidos sinalou que as carreiras profesionais nos campos STEM serían algunhas das mellor remuneradas e que teñan un maior potencial de crecemento do emprego a principios do século XXI. O informe tamén indica que os traballadores STEM xogarán un papel clave no crecemento sostido e a estabilidade da economía estadounidense, e que a capacitación en campos STEM xeralmente redundaría en salarios máis altos, xa sexa que traballen ou non nun campo STEM.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Science, Technology, Engineering, and Mathematics (STEM) Education: A Primer. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  2. "carreras CTIM, mejor que carreras STEM" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  3. "¿Qué son materias STEM o CTIM? | Ebot". Ebot (en castelán). 8 de abril de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  4. "EPSO III Jornadas Internacionales de Innovación en Enseñanza CTIM (Ciencia, Tecnología, Ingeniería y Matemáticas)". epso.umh.es. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  5. Morella, Michael (26 de xullo de 2012). ""U.S. News Inducts Five to STEM Leadership Hall of Fame". U.S. News & World Report.". Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  6. Kakutani, Michiko (7 de novembro de 2011). "'Back to Work' Has Bill Clinton's Ideas for Economic America - Review". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  7. Lee, Jane J. "Obama's Budget Shuffles STEM Education Deck". American Association for the Advancement of Science. Consultado o 26 de marzo de 2018.. 
  8. "Obama's Budget Shuffles STEM Education Deck - ScienceInsider". 29 de agosto de 2012. Archived from the original on 29 de agosto de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  9. "Obama opposes Silicon Valley firms on immigration reform". CNET (en inglés). 28 de novembro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  10. "The STEM Workforce Challenge: the Role of the Public Workforce System in a National Solution for a Competitive Science, Technology, Engineering, and Mathematics (STEM) Workforce" (PDF). U.S. Department of Labor. abril 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  11. "STEM: Good Jobs Now and For the Future | Economics & Statistics Administration". www.esa.doc.gov. Consultado o 26 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar