Elisabeth Hevelius
Elisabeth Catherina Koopmann Hevelius (en polaco tamén chamada Ożbieta Heweliusz) (1647–1693) é considerada unha das primeiras mulleres astrónomas e chamada a nai das cartas lunares. Foi a segunda esposa do seu colega Johannes Hevelius.
Nome orixinal | (pl) Elżbieta Heweliusz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pl) Elisabeth Koopman 17 de xaneiro de 1647 Gdańsk |
Morte | 22 de decembro de 1693 (46 anos) Gdańsk |
Lugar de sepultura | Gdańsk |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República das Dúas Nacións Prússia Real (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Cónxuxe | Johannes Hevelius |
Primeiros anos
editarElisabeth Koopmann (ou Kaufmann, do alemá, "comerciante") foi, tal como Johannes Hevelius e a súa primeira esposa, membro dunha rica familia da cidade de Gdańsk, situada na República das Dúas Nacións e parte da liga Hanseática. Os pais de Elisabeth Koopman eran Nicholas Kooperman (ou Cooperman) (1601-1672) quen foi un próspero comerciante e Joanna Mennings (ou Menninx) (1602-1679). Nicholas e Joanna casaron en Ámsterdam en 1633. Máis tarde trasladáronse a Hamburgo e en 1636 mudáronse finalmente a Gdánsk. Foi nesta cidade, onde maioritariamente falábase alemán, pero que era parte de Polonia naquel momento, onde naceu Elisabeth.[1]
Casamento
editarA fascinación pola astronomía levou a Elisabeth, cando aínda era unha nena, a achegarse a Johannes Hevelius, un astrónomo de reputación internacional que posuía un complexo de tres vivendas en Gdánsk cun observatorio astronómico. En 1663, cando Johannes tiña 52 anos e Elisabeth 16, casaron.[2] Tiveron un fillo, que morreu rapidamente, e tres fillas.[3]
Prodromus Astronomiae
editarPublicado logo da morte de Johannes, e grazas ao apoio do rei Xoán III Sobieski, o Prodromus Astronomiae consistía en tres partes: un prefacio (chamado Prodromus), un catálogo de estrelas (chamado Catalogus Stellarum), e un atlas de constelacións (chamado Firmamentum Sobiescianum, sive Uranographia).O Prodromus describía a metodoloxía e tecnoloxía utilizada para crear o catálogo de estrelas. Prové exemplos de uso do sextante e o cuadrante, escritos por Johannes, con referencia a posicións coñecidas do Sol para calcular a lonxitude e latitude de cada estrela. No borrador do Catalogus Stellarum, cada estrela ten información específica rexistrada en columnas: o número de referencia e magnitude segundo Tycho Brahe, o propio cálculo da magnitude segundo Johannes, a lonxitude e latitude, tanto por coordenadas elípticas medidas por distancias angulares e altitudes meridianas, como polas coordenadas ecuatoriais das estrelas, calculadas utilizando trignometría esférica. Na versión impresa, as dúas columnas describindo as coordenadas elípticas combináronse e só se mantivo o mellor valor da lonxitude e latitude. Ademais agregáronse máis de 600 novas estrelas e 12 novas constelacións que non figuraban no borrador, facendo un total de 1564. Aínda que as observacións do catálogo fixéronse a ollo espido (sen telescopio), as medicións eran tan precisas que se usaron para a confección de esferas celestes até o s.XVIII.[4] O Firmamentum Sobiescianum, aínda que tecnicamente era parte de Prodromus Astronomiae foi publicado de maneira separada cunha circulación máis restrinxida.
Morte
editarElisabeth Hevelius morreu en decembro de 1693, á idade de 46 anos, e foi enterrada xunto ao seu esposo. Logo da súa morte, o matemático François Arago escribiu acerca dela:[5]
Unha observación que sempre se fixo acerca de Madam Hevelius, quen foi a primeira muller, que eu saiba, a quen a fatiga de enfrontarse a observacións astronómica e cálculos non asustaba en absoluto.
Na cultura
editarA vida de Elisabeth foi dramatizada na novela The Star Huntress (2006).
O planeta menor 12625 Koopman foi nomeado na súa honra, así como o cráter Corpman en Venus.
Notas
editar- ↑ Hockey, Thomas (2009). The Biographical Encyclopedia of Astronomers (en inglés). Springer Publishing. ISBN 978-0-387-31022-0.
- ↑ Dora Musielak (30 de amrzo de 2009). "Stories of Women Stargazers" (pdf) (en inglés).
- ↑ Gotthilf Löschin: Geschichte Danzigs von der ältesten bis zur neuesten Zeit: mit beständiger Rücksicht auf Cultur der Sitten, Wissenschaften, Künste, Gewerbe und Handelszweige, Volumen 1, 1828
- ↑ Nick Kanas: Star Maps: History, Artistry, and Cartography, Segunda edición, 13 de xuño de 2012. Springer Praxis Books / Popular Astronomy.
- ↑ "J. J. O'Connor and E. F. Robertson: Catherina Elisabetha Koopman Hevelius" (en inglés). Universidad de St. Andrews. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ogilvie, Marilyn Bailey. "Hevelius, Elisabetha Koopman". En Mujeres en Ciencia, The MIT Press, 1986, p. 99 ISBN 0-262-15031-X
- Walz, E. 2006. The Star Huntress. Random House/Bertelsmann. ISBN 978-3-442-36523-4 (novela histórica)