Marilyn Bailey Ogilvie

historiadora estadounidense

Marilyn Bailey Ogilvie, nada o 22 de marzo de 1936, é unha historiadora da ciencia estadounidense, coñecida polo seu traballo centrado no papel que as mulleres xogaron no mundo da ciencia. Foi profesora na Universidade Bautista de Oklahoma, antes de converterse en comisaria da Historia das Coleccións das Ciencias e profesora na Universidade de Oklahoma .

Marilyn Bailey Ogilvie
Marilyn Ogilvie.jpg
Nacemento22 de marzo de 1936
Lugar de nacementoDuncan (Oklahoma)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Kansas, Universidade de Oklahoma e Baker University
Ocupaciónhistoriadora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ogilvie obtivo unha licenciatura da Universidade de Baker en 1957, un mestrado da Universidad de Kansas (1959) e un doutoramento en historia da ciencia da Universidade de Oklahoma en 1973.

Despois de traballar como profesora asociado e xefa de división na Universidade Bautista de Oklahoma de 1979 a 1991, Ogilvie volveu á Universidade de Oklahoma como conservadora das coleccións de historia da ciencia.

Ogilvie é comisaria emérita das Coleccións de Historia da Ciencia da Universidade de Oklahoma.

Despois da súa xubilación en 2008, déuselle o se nome a unha bolsa de estudos para licenciados en historia da ciencia. [1]

PublicaciónsEditar

Selección de publicacións de Marilyn Ogilvie:

  • Ogilvie, Marilyn Bailey e Germán Rueda (2018). Marie Curie. Biografía. ISBN: 978-84-17280-17-8.[2]

NotasEditar

  1. "Marilyn B. Ogilvie Alumni Graduate Fellowship". web.archive.org. 2013-05-24. Consultado o 2020-06-18. 
  2. "Marie Curie. Biografía". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-10-27. Consultado o 2020-06-18. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar