Elena Cornaro Piscopia
Elena Lucrezia Cornaro Piscopia, nada o 5 de xuño de 1646 e finada o 26 de xullo de 1648, foi unha filósofa italiana de ascendencia nobre, que se converteu nunha das primeiras mulleres en obter un grao académico dunha universidade[1] e en 1678, converteuse na primeira muller do mundo en recibir un doutoramento en filosofía.[2]
Nome orixinal | (it) Elena Lucrezia Corner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xuño de 1646 Palazzo Loredan, Venecia, República de Venecia |
Morte | 26 de xullo de 1684 (38 anos) Padua |
Causa da morte | cancro |
País de nacionalidade | italiana |
Educación | Universidade de Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía, matemáticas, Ensino superior e educação para mulheres (pt) |
Ocupación | Filósofa |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Familia | |
Familia | House of Cornaro (en) |
Pai | Giovan Battista Corner |
Descrito pola fonte | A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country |
Elena tamén foi considerada unha música experta. Ademais de dominar o sciblis, o que significa que dominou case todo o coñecemento do seu tempo, Elena dominou o clavicémbalo, o clavicordio, a arpa e o violín. As súas habilidades musicais foron demostradas pola música que compuxo ó longo da súa vida.
Foi membro de numerosas academias e foi estimada en toda Europa polos seus logros e virtudes. En Hypatia's Heritage, Margaret Alic afirma que se converteu en profesora de matemáticas na Universidade de Padua en 1678.[3]
Legado
editarA súa experiencia inspirou a Charles Patin, profesor de Medicina en Padua, para proporlle á súa filla máis vella, Gabrielle-Charlotte Patin que comezase os seus estudos na universidade, mais a universidade cambiou os seus estatutos para prohibir o ingreso das mulleres. A seguinte muller en doutorarse foi o de Laura Bassi en 1732, na Universidade de Boloña.[4]
Notas
editar- ↑ Paul F. Grendler (1988). John W. O'Malley, ed. Schools, Seminaries, and Catechetical Instruction, in Catholicism in Early Modern History 1500-1700: A Guide to Research. Center for Information Research. p. 328.
- ↑ "Elena Lucrezia Cornaro Piscopia". Agnesscott.edu. Consultado o 5 de setembro de 2013.
- ↑ Alic, Margaret (1986). Hypatia's Heritage: A History of Women in Science from Antiquity through the Nineteenth Century. Boston: Beacon Press.
- ↑ De Simone, M. R. (2003). "Admissions". En Ridder-Symoens, H.; Rüegg, W. (eds.). Universities in Early Modern Europe (1500–1800). A History of the University in Europe. 2. Cambridge University Press.Páxinas 296–297. ISBN 9780521541145
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Cornaro Piscopia |