Elena Ceaușescu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Elena Ceaușescu, de solteira Elena Petreșcu, nada en Balotești o 7 de xaneiro de 1916 e finada en Târgovișche o 25 de decembro de 1989, foi viceprimeira Ministra de Romanía (1952 - 1989) e dona do presidente romanés Nicolae Ceaușescu.
Elena Ceaușescu | |
---|---|
![]() | |
Lenuta Petrescu | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1916 |
Balotești | |
Falecemento | 25 de decembro de 1989 |
Târgovișche | |
Organización | Partido Comunista Romanés |
Cónxuxe | Nicolae Ceaușescu |
Fillos | Nicu Ceaușescu, Zoia Ceaușescu e Valentin Ceaușescu |
Alma máter | Universidade de Bucarest |
Profesión | Política e química |
Relixión | ateísmo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Nada nunha familia pobre nun poboación preto de Targoviște, trasladouse co seu irmán a Bucarest despois da finalización da escola primaria. En 1937 ingresou ao Partido Comunista (PCR), onde coñecería a Nicolae Ceaușescu en 1939, co que casaría en 1945.
Elena Ceaușescu rematou a carreira de química en 1967. Até a elección de Nicolae como Secretario Xeral do PCR, Elena tivo diversos postos de variable importancia, como secretaria do Ministerio de Asuntos Exteriores. Co ascenso do seu home, Elena comezou a tomar posicións importantes na estrutura estatal e a dirección do PCR. Dende 1979 Elena era a segunda persoa en importancia de Romanía, co título de Vice Primeira Ministra.
Trala Revolución romanesa de 1989, o 25 de decembro de 1989, Elena e mailo seu home foron condenados a morte por un tribunal creado ex profeso nun xuízo sumario sen ningunha garantía xurídica, validez legal nin posibilidade de defenderse das acusacións, baixo os seguintes cargos: xenocidio, dano á economía nacional, enriquecemento inxustificable e uso das Forzas Armadas en accións en contra de civís. Foron executados por fusilamento nun cuartel militar en Târgovișche. Estes sucesos foron transmitidos pola televisión romanesa días despois para acougar á poboación, xa que seguía habendo combates entre os partidarios e opositores a Ceaușescu.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Ceaușescu |