Electron (foguete)


Electron é o nome dun foguete lixeiro fabricado e operado pola compañía estadounidense/neozelandesa Rocket Lab.[1][2]

Electron
Logo
FunciónLanzador espacial de lixeiro.
fabricanteRocket Lab
país de orixeEstados Unidos/Nova Zelandia[1]
Tamaño
altura17,0 m[1]
diámetro1,2 m[1]
Etapas2 ou 3[1]
Carga LEO
masa225 kg[1]
Lanzamento históricos
EstadoEn activo[1]
SitiosMahia (Nova Zelandia)[2]
Total de lanzamentos11[1][2]
exitosos10[2]
fallos1[2]
Voo inaugural25 de maio de 2017[1][2]
Primeira etapa – Etapa 1
diámetro1,2 m
impulsado por9 Rutherford
potencia máxima162,00 kN
Impulso específico303 s
propelenteOsíxeno líquido e queroseno
Segunda etapa – Etapa 2
diámetro1,2 m
impulsado por1 Rutherford
potencia máxima22 kN
Impulso específico333 s
propelenteOsíxeno líquido e queroseno
Terceira etapa – Etapa 3
diámetro1,2 m
impulsado por1 Curie
potencia máxima120 N
propelenteMonopropelente
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Electron está deseñado para poñer cargas lixeiras, de non máis de 225 kg, en órbita terrestre. O foguete ten un diámetro de 1,2 m e unha altura de 17 m. Usa dúas etapas construídas en composto de carbono alimentadas por osíxeno líquido e queroseno, a primeira con nove motores Rutherford e a segunda con un, especialmente deseñado para funcionar no baleiro. Os motores Rutherford son os primeiros motores foguete construídos coas súas partes principais impresas en 3D. As bombas que moven o propelente son puramente eléctricas para aforrar peso. Opcionalmente pódese usar unha pequena terceira etapa, propulsada por un motor Curie, capaz de múltiples acendidos para modificar a órbita dos satélites lanzados. O foguete lánzase desde a estación Onenui, en Mahia, en Nova Zelandia, e desde as instalacións de lanzamento de Wallops Island, en Estados Unidos, aínda que hai plans para lanzalo tamén desde Escocia.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 25 de maio de 2017 Mahia It's a Test / Humanity Star Fallo Primeiro lanzamento dun Electron.
2 21 de xaneiro de 2018 Mahia Still Testing / Humanity Star / Lemur-2 72 / Lemur-2 73 / Dove Pioneer Éxito
3 11 de novembro de 2018 Mahia CICERO 10 / Lemur-2 82 / Lemur-2 83 / Proxima 1 / Proxima 2 / Irvine 01 / NABEO 1 Éxito
4 16 de decembro de 2018 Mahia ALBus / CeREs / CHOMPTT / Da Vinci / ISX / NMTSat / RSat-P / Shields 1 / STF 1 / CubeSail A / CubeSail B / TOMSat EagleScout / TOMSat R3 / SHFT 1 Éxito
5 28 de marzo de 2019 Mahia R3D2 Éxito
6 5 de maio de 2019 Mahia Harbinger (ICEYE X3) / SPARC 1 / Falcon-ODE Éxito
7 29 de xuño de 2019 Mahia BlackSky Global 3 / Painani 1 / Prometheus 2.7 / Prometheus 2.9 / ACRUX 1 / SpaceBEE 8 e 9 Éxito
8 19 de agosto de 2019 Mahia BlackSky Global 4 / BRO 1 / Pearl White 1 / Pearl White 2 Éxito
9 17 de outubro de 2019 Mahia Palisade Éxito
10 6 de decembro de 2019 Mahia ALE 2 / NOOR 1A / NOOR 1B / ATL 1 / FossaSat 1 / SMOG-P / TRSI-Sat Éxito
11 31 de xaneiro de 2020 Mahia NROL 151 Éxito
12 13 de xuño de 2020 Mahia ANDESITE Mule / ANDESITE Node 1 a 8 / NRO Sat 1 / NRO Sat 2 / NRO Sat 3 / RAAF M2 Pathfinder Éxito
13 4 de xullo de 2020 Mahia CE-SAT 1B / Flock-4e 1 a 5 / Faraday 1 Fallo
14 31 de agosto de 2020 Mahia Capella 2 Éxito
15 28 de outubro de 2020 Mahia CE-SAT 2B / Flock-4e' 1 a 9 Éxito
16 20 de novembro de 2020 Mahia Dragracer A / Dragracer B / BRO 2 / BRO 3 / SpaceBEE 22 a 45 / APSS 1 Éxito
17 15 de decembro de 2020 Mahia StriX α Éxito
18 20 de xaneiro de 2021 Mahia GMS-T Éxito
19 15 de maio de 2021 Mahia BlackSky 8 e 9 Fallo
20 29 de xullo de 2021 Mahia Monolith Éxito
21 18 de novembro de 2021 Mahia BlackSky 10 e 11 Éxito
22 9 de decembro de 2021 Mahia BlackSky 14 / BlackSky 15 Éxito
23 28 de febreiro de 2022 Mahia StriX β Éxito
24 2 de abril de 2022 Mahia BlackSky 16 e 17 Éxito
25 2 de maio de 2022 Mahia E-Space Demo 1, 2, 3 / BRO 6 / AuroraSat 1 / SpaceBEE 140 a 155 / SpaceBEENZ 15 a 22 / Unicorn 2 / MyRadar 1 / TRSI 2, 3 / Copia Éxito
26 28 de xuño de 2022 Mahia CAPSTONE Éxito
27 13 de xullo de 2022 Mahia USA 334 Éxito
28 4 de agosto de 2022 Mahia USA 335 Éxito
29 15 de setembro de 2022 Mahia StriX 1 Éxito
30 7 de outubro de 2022 Mahia GAzelle Éxito
31 4 de novembro de 2022 Mahia MATS Éxito
32 24 de xaneiro de 2023 Wallops Island Hawk 6A, 6B e 6C Éxito
33 16 de marzo de 2023 Wallops Island Capella 9 e 10 Éxito
34 24 de marzo de 2023 Wallops Island BlackSky 18 e 19 Éxito
35 8 de maio de 2023 Mahia TROPICS 05 e 06 Éxito
36 26 de maio de 2023 Mahia TROPICS 03 e 07 Éxito
37 18 de xullo de 2023 Mahia Telesat LEO 3 / Starling 1 a 4 / Lemur-2 169 e 170 Éxito
38 24 de xullo de 2023 Mahia Capella 11 Éxito
39 19 de setembro de 2023 Mahia Capella 12 Fallo
40 15 de decembro de 2023 Mahia QPS-SAR 5 Éxito
41 31 de xaneiro de 2024 Mahia Skylark 1 a 4 Éxito
42 18 de febreiro de 2024 Mahia ADRAS-J Éxito
43 12 de marzo de 2024 Mahia StriX 3 Éxito
44 21 de marzo de 2024 Wallops Island USA 352, 353 e 354 Éxito
45 23 de abril de 2024 Mahia NEONSAT 1 / ACS3 Éxito

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 Mark Wade (2020). "Electron" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Electron" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar