Eleccións en Mozambique

Nas eleccións de Mozambique son escollidos representantes a varios niveis:

  • A nivel nacional un xefe de Estado –o presidente– e unha lexislatura. O presidente é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. A Assembleia da República ten 250 membros, elixidos para un mandato de cinco anos por representación proporcional.
  • a nivel provincial, desde 2009 as Asembleas Provinciais, elixidas ao mesmo tempo que as eleccións nacionais.
  • a nivel local, dende 1998 as Eleccións Municipais para elixir os dirixentes do crecente número de concellos: o presidente do Consello Municipal e das Asembleas Municipais.

Lei da comisión electoral editar

As eleccións mozambicanas son dirixidas pola Comisión Electoral Nacional (CNE) e a lei electoral foi cambiando a miúdo, a máis recente modificadión data de 2018.[1]

En decembro de 2012, unha nova lei sobre a composición da comisión electoral está formada por oito representantes dos partidos políticos: cinco designados polo actual FRELIMO, dous polo principal opositor RENAMO e un polo Movimento Democrático de Moçambique (MDM). Hai outros tres membros nomeados por representantes da sociedade civil, un xuíz designado polo Consello Superior da Maxistratura Xudicial e un avogado designado polo Consello Superior do Ministerio Fiscal.[2]

1994 - Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

Nas primeiras eleccións multipartidistas celebradas en Mozambique, en 1994, o candidato do FRELIMO e presidente de Mozambique desde 1986 foi elixido Joaquim Chissano e o partido da oposición e antigo grupo guerrilleiro RENAMO recoñeceu o resultado. O Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que tiña unha operación de mantemento da paz baseada alí debido á guerra civil, avalou os resultados como libres e xustos na Resolución 960.

1999 – Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

Nas eleccións de finais de 1999 o presidente Joaquim Chissano do FRELIMO foi reelixido co 52,3% dos votos, e o FRELIMO conseguiu 133 dos 250 escanos parlamentarios. O principal candidato dos partidos da oposición, Afonso Dhlakama de RENAMO, obtivo o 47,7% e o partido gañou os 117 escanos parlamentarios restantes.

2004 – Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

Nas eleccións do 1 ao 2 de decembro de 2004, Armando Guebuza, o novo candidato do FRELIMO, gañou co 63,7% dos votos, máis do dobre que o candidato da RENAMO Afonso Dhlakama (31,7%). Nas eleccións parlamentarias o FRELIMO obtivo o 62% (1,8 millóns) dos votos, a RENAMO o 29,7% (905.000 votos), e 18 partidos menores repartiron o 8% restante. O FRELIMO ocupará 160 dos escanos parlamentarios, RENAMO 90.

As eleccións foron criticadas por non ter sido realizadas de forma xusta e transparente pola Comisión Nacional Electoral. Déronse varios casos de fraude electoral que permaneceron sen sanción. Isto foi criticado entre outros pola Misión de Observación Electoral da Unión Europea a Mozambique e o Centro Carter. Non obstante, as deficiencias das eleccións probablemente non afectaron (tamén segundo os observadores da UE) o resultado final das eleccións presidenciais. A distribución de escanos parlamentarios entre os partidos terase algo alterada, aínda que (probablemente a RENAMO perda un número de escanos ante o FRELIMO).

O 2 de febreiro de 2005 Guebuza foi xurado como presidente da república, pero sen o recoñecemento e a presenza de Dhlakama e RENAMO na toma de posesión. RENAMO, con todo, acordou participar no Parlamento e no Consello de Estado.

2009 – Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

As eleccións presidenciais e parlamentarias celebráronse o 28 de outubro de 2009 por cuarta vez desde a introdución do sistema pluripartidista. Nas eleccións á Assembleia da República, o FRELIMO e a RENAMO disputaron as 13 circunscricións parlamentarias, pero o acabado de formar MDM só puido competir en 4 circunscricións parlamentarias.

2014 – Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

As eleccións presidenciais e parlamentarias celebráronse o 15 de outubro de 2014 por quinta vez desde a introdución do sistema pluripartidista. Nas eleccións á Assembleia da República, o FRELIMO, MDM e RENAMO disputaron as 13 circunscricións parlamentarias.

2019 – Eleccións presidenciais e parlamentarias editar

Resultados das eleccións parlamentarias editar

Partido Político Ano electoral
1994 1999 2004 2009 2014 2019
Frente de Libertação de Moçambique (FRELIMO) 129 133 160 191 144 184
Resistência Nacional de Moçambique (RENAMO) 112 - - 51 89 60
União Nacional de Resistência Eleitoral de Moçambique (RENAMO-UE) - 117 90 - - -
União Democrática (UD) 09 - - - - -
Movimento Democrático de Moçambique (MDM) - - - 08 17 6
Total 250 250 250 250 250 250
Participación 87,9 % 69,54 % 33,60 % 44,63 % 49,03 % 51,84 %

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar