Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995 celebráronse o 19 de novembro de 1995, as quintas eleccións ao Parlamento de Cataluña trala instauración da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña en 1977. Foron convocadas a votar 5.079.981 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da segunda lexislatura democrática. Acudiron a votar 3.232.959 persoas, uns 400.000 votantes máis que en 1992, o que deu unha participación do 63,64 por cento, a cifra máis alta dunhas eleccións autonómicas catalás.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1995
 ← 1992 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata 1999 Editar o valor en Wikidata  → 
Data19 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido135 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ V lexislatura do Parlamento de Cataluña. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado5.079.981 Editar o valor en Wikidata
3.232.959
   63.64٪
Ponto percentual (pt) 8.77
Número de votos válidos3.223.952    Número de votos en branco 31.417   Número de votos nulos 9.007
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
2>
CiU  — Jordi Pujol
1.320.071   40.95٪
Ponto percentual (pt) 5.24
Deputado 70 → 60 Número de escanos 10
2>
PSC  — Joaquim Nadal
802.252   24.88٪
Ponto percentual (pt) 2.67
Deputado 40 → 34 Número de escanos 6
2>
PPC  — Alejo Vidal-Quadras Roca
421.752   13.08٪
Ponto percentual (pt) 7.11
Deputado 7 → 17 Número de escanos 10
2>
ERC  — Àngel Colom
305.867   9.49٪
Ponto percentual (pt) 1.53
Deputado 11 → 13 Número de escanos 2
2>
ICV  — Rafael Ribó i Massó
313.092   9.71٪
Ponto percentual (pt) 3.21
Deputado 7 → 11 Número de escanos 4

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
11 de xaneiro de 1996: Catalonia Government 1995–1999 term of office (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

As eleccións foron anticipadas cinco meses, xa que debían terse celebrado o domingo 14 de abril de 1996. As eleccións de 1995 supuxeron un punto de inflexión na tendencia política: a alta participación significou que, respecto ás eleccións de 1992, perderan escanos os dous grandes partidos, Convergència i Unió (10) e o PSC (6), en beneficio do Partido Popular, que gañou 10 escanos, ERC que sumou 2, e Iniciativa per Catalunya que gañou 4 novos escanos.

Malia a súa gran perda de escanos, o partido máis votado volveu ser, por quinta vez consecutiva, Convergència i Unió que, con 1.320.071 votos (un 40,95 por cento), obtivo 60 escanos, mais perdeu a maioría absoluta.

Trala formación do Parlamento de Cataluña, o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, tivo que negociar co Partido Popular a abstención dos seus deputados para poder ser investido por quinta vez consecutiva Presidente da Generalitat de Cataluña. A investidura[1] logrouse con maioría simple na segunda votación, xa que na primeira non conseguiu a maioría absoluta da cámara. O PSC abstívose tanto na primeira como na segunda votación como xesto de boa vontade cara a CiU. ERC votou en contra na primeira e abstívose na segunda. ICV mantivo o seu voto en contra en ámbalas votacións.[2]

  1. Mecanismo de investidura Arquivado 03 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (catalán)
  2. [1][2] Distribución de votos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar