As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1999 celebráronse o 17 de outubro de 1999, as sextas eleccións ao Parlamento de Cataluña dende a recuperación da democracia. Tivo unha participación do 59,20 por cento. As eleccións foron anticipadas dous meses, pois debían terse celebrado o domingo 19 de decembro de 1999.
Malia que a formación que recibiu máis votos foi o Partit dels Socialistes de Catalunya, liderado por Pasqual Maragall, foi Convergència i Unió a formación que obtivo máis escanos, debido ao sistema electoral, que dá ás provincias menos poboadas maior peso no parlamento do que lles correspondería proporcionalmente por poboación.[1]
O candidato de CiU á Presidencia da Generalitat, Jordi Pujol, foi elixido presidente ao contar co apoio dos votos do Partido Popular na investidura, en virtude do Pacto do Majestic, asinado por CiU e o PP en 1996 polo que se comprometían a apoiarse mutuamente.