Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007
As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 tiveron lugar o 27 de maio de dito ano, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco e coas municipais en toda España.[1]
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2003 2011 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 27 de maio de 2007 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións á Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | deputado da Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Precampaña electoral
editarJuan Carlos Rodríguez Ibarra, presidente da Xunta de Estremadura desde 1982, anunciou o 19 de setembro de 2006 que non se volvería a presentar ás eleccións de 2007 debido a problemas de saúde.[2] O novo candidato do PSOE, Guillermo Fernández Vara, que era conselleiro de Sanidade e Consumo, foi presentado como novo candidato o día seguinte do comunicado de Ibarra.
O asunto máis importante da campaña foi a polémica creada arredor da construción dunha refinaría en Los Santos de Maimona (provincia de Badaxoz), promovida polo grupo industrial de Alfonso Gallardo, a Refinería Balboa, que é apoiada polo PSOE e pola Xunta de Estremadura (a través da Sociedade de Fomento Industrial de Estremadura). A oposición, PP e IU, oponse, alegando o impacto negativo que isto suporía para o medio ambiente.
Candidaturas
editarPresentáronse a estas eleccións once candidaturas. Cinco delas fixérono en ambas provincias: PSOE-Regionalistas, Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU), Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX), Independientes por Extremadura (IPEX) e Los Verdes de Extremadura (LV). Tres máis fixérono só por Badaxoz: Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Centro Democrático y Social (CDS) e Partido Humanista (PH). E outras tres só por Cáceres: Unión del Pueblo Extremeño (UPEX), Iniciativa Habitable (I.H.) e Ciudadanos en Blanco (CenB)
Partido Socialista Obrero Español-Regionalistas
editarO Partido Socialista Obrero Español (PSOE) esperaba revalidar a maioría absoluta da que dispoñía na comunidade, a pesar de non presentar como candidato á presidencia a Juan Carlos Rodríguez Ibarra, que anunciara a súa retirada. O candidato foi o entón conselleiro de Sanidade e Consumo, Guillermo Fernández Vara, considerado máis próximo á dirección federal que o propio Ibarra.
O PSOE decidiu manter a súa coalición con Coalición Extremeña, en vigor desde 2003 e presentarse co nome PSOE-Regionalistas, en lugar do PSOE-Progresistas da anterior convocatoria electoral autonómica.[3]
Partido Popular-Extremadura Unida
editarO Partido Popular (PP), principal partido da oposición, presentouse en coalición cos rexionalistas de Extremadura Unida (EU), tras ter alcanzado un pacto en maio de 2006 para presentarse conxuntamente.[4]
O seu programa opoñíase ao proxecto da Refinería Balboa, que consideran unha actividade económica obsoleta, aínda que a principios do ano 2008 o seu candidato á presidencia, José Antonio Monago, declaraba o seu apoio á instalación da refinaría. O seu candidato á presidencia era o líder do partido en Estremadura Carlos Floriano.
Izquierda Unida - Socialistas Independientes de Extremadura
editarA coalición progresista formada por Izquierda Unida-Compromiso por Extremadura (IU-CE) e Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX) e que con tres deputados, era a terceira forza política en Estremadura, volveuse a presentar co obxectivo de influír no seguinte goberno autonómico.[5] Opoñíase á construción da Refinería Balboa por motivos medioambientais. O seu candidato á presidencia era Victor Casco.
Enquisas
editarAs enquisas realizadas durante a campaña prevían unha cómoda vitoria do PSOE, se ben á baixa e sen ter clara a revalidación da maioría absoluta, fixada en 33 escanos. Os resultados das enquisas de Opiniometro (encargada por El Periódico de Extremadura) e do Instituto Opina (encargada polo PSOE) foron os seguintes:
Candidatura | Resultados das eleccións de 2003 |
Opiniometro | Instituto Opina | |
---|---|---|---|---|
Partido Socialista Obrero Español | 36 escanos | 32 - 33 escanos | 35 escanos | |
Partido Popular | 26 escanos | 29 - 30 escanos | 29 escanos | |
Izquierda Unida - Socialistas Independientes de Extremadura | 3 escanos | 3 escanos | 1 escano |
Resultados
editarCun censo de 893.547 electores, os votantes foron 669.752 (75,0%) e 223.795 as abstencións (25,0%). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Guillermo Fernández Vara, como presidente da Xunta. Izquierda Unida desapareceu da Asemblea e foi a primeira vez na existencia do parlamento autonómico na que só existiron dous grupos parlamentarios.
Á parte, contabilizáronse 7.926 (1,2%) votos en branco.
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
PSOE-Regionalistas (PSOE-REGIONALISTAS)a | Guillermo Fernández Vara | 352.342 | 53,63 | 38b | +2 | |
Partido Popular-Extremadura Unida (PP-EU) | Carlos Floriano | 257.392 | 39,18 | 27c | +1 | ||
Izquierda Unida-Socialistas Independientes de Extremadura (IU-SIEX) | Víctor Casco | 30.028 | 4,57 | 0 | -3 | ||
Independientes por Extremadura (IPEX) | Justo Antonio Sánchez[6] | 8.389 | 1,28 | 0 | |||
Los Verdes de Extremadura (LV) | Mª Josefa Martínez Perpiñán[7] | 4.082 | 0,62 | 0 | |||
Unión del Pueblo Extremeño (UPEX) | 1.520 | 0,23 | 0 | ||||
Iniciativa Habitable (IH) | 958 | 0,15 | 0 | ||||
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | 903 | 0,14 | 0 | ||||
Ciudadanos en Blanco (CenB) | 499 | 0,08 | 0 | ||||
Centro Democrático y Social (CDS) | 445 | 0,07 | 0 | ||||
Partido Humanista (PH) | 370 | 0,06 | 0 | ||||
En branco | N/A | 7.926 | 1,2 | N/A | N/A | ||
Nulos | N/A | N/A | N/A |
aEn coalición con Coalición Extremeña.
b3 dos 38 pertencen a Coalición Extremeña.
c2 dos 27 pertencen a Extremadura Unida.
Notas
editar- ↑ "Comunidad Autónoma de Extremadura (BOE n. 80 de 3/4/2007)". Arquivado dende o orixinal o 23/02/2008. Consultado o 04/09/2018.
- ↑ Noticia no diario El Mundo: Rodríguez Ibarra renuncia a ser el candidato socialista en Extremadura en 2007
- ↑ Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/1.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL-REGIONALISTAS, bajo las siglas PSOE-REGIONALISTAS, integrada por el PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL y la COALICIÓN EXTREMEÑA PREX-CREX (Partido Regionalista Extremeño-Convergencia Regional Extremeña) representada por D. Ramón Ropero Mancera y D. Estanislao Martín Martín, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 9 de abril de 2007, nº de R.E. 667.
- ↑ Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/2.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral PARTIDO POPULAR-EXTREMADURA UNIDA, bajo las siglas PP-EU, integrada por los partidos políticos PARTIDO POPULAR y partido EXTREMADURA UNIDA, representada por D. Teodoro Fuentes Goicoechea, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 10 de abril de 2007, nº de R.E. 678.
- ↑ Asemblea de Estremadura. Xunta electoral de Estremadura: Coaliciones electorales (Sesión de 12 de abril de 2007): JEE3/3.- Acreditar la existencia para concurrir a las elecciones a la Asamblea de Extremadura, convocadas para el 27 de mayo de 2007, a la Coalición electoral IZQUIERDA UNIDA-SIEX bajo las siglas IU-SIEX, integrada por la coalición IZQUIERDA UNIDA-COMPROMISO POR EXTREMADURA y el partido SOCIALISTAS INDEPENDIENTES DE EXTREMADURA, representada por D. Andrés Talavero Blanco, con el símbolo y normas que la regirán y que vienen expresados en escrito de 11 de abril de 2007, R.E. 693, y 12 de abril de 2007, R.E. nº 713.
- ↑ Justo Antonio Sánchez: "Hay que gobernar para todos, no solo para los de una ideología", El Periódico de Extremadura, 22 de maio de 2007
- ↑ "Los Verdes concurrirán a las próximas elecciones autonómicas y municipales". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2007. Consultado o 19 de febreiro de 2012.