Guillermo Fernández Vara

político español

Guillermo Fernández Vara, nado en Olivenza o 6 de outubro de 1958, é un médico e político socialista español que é presidente de Estremadura, primeiro entre 2007 e 2011 e de novo dende o 7 de xuño de 2015.

Guillermo Fernández Vara
Guillermo Fernández Vara


Secretario xeral dol PSOE de Estremadura
Actualmente no cargo
Dende o 19 de xullo de 2008
Precedido por Juan Carlos Rodríguez Ibarra

29 de xuño de 2007 – 7 de xullo de 2011
Vicepresidente María Dolores Pallero
(vicepresidenta primeira)
María Dolores Aguilar
(vicepresidenta segunda)
Precedido por Juan Carlos Rodríguez Ibarra
Sucedido por José Antonio Monago

21 de xullo de 1999 – 29 de xuño de 2007
Presidente Juan Carlos Rodríguez Ibarra
Precedido por El mesmo
(Benestar Social)
Sucedido por María Jesús Mejuto
(Sanidade e Dependencia)

12 de xaneiro de 1996 – 21 de xullo de 1999
Presidente Juan Carlos Rodríguez Ibarra
Precedido por María Emilia Manzano
Sucedido por Ana Garrido Chamorro

Actualmente no cargo
Dende o 25 de maio de 2003

4 de xullo de 1999 – setembro de 1999

Datos persoais
Nacemento 6 de outubro de 1958 (65 anos) Olivenza, Badaxoz, España
Partido PSOE
Cónxuxe/s María Luisa Martínez
Profesión Médico Forense

Na rede
Twitter: GFVara Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun xuíz destinado en Olivenza e dunha oliventina, estudou nun centro dos xesuítas de Villafranca de los Barros EXB, Bacharelato e COU, pasando logo a estudar medicina na Universidade de Córdoba ata se licenciar en 1983 e tres anos despois ingresou por oposición no Corpo Nacional de Médicos Forenses, foi profesor colaborador de medicina legal na Universidade de Valencia (1986-1987) . En 1988 logrou a praza de médico forense con destino en Estremadura, asumindo tamén o posto de profesor asociado na Universidade de Estremadura, e nesa época entrou a militar no PSOE, asumindo postos públicos desde mediados da década de 1990, foi director xeral de saúde pública e consumo (1995-1996), conselleiro de Benestar Social (1996-1999), conselleiro de Sanidade e Consumo (1999-2007) e desde 2003 deputado na asemblea estremeña pola provincia de Badaxoz. No ano 2007 acadou a presidencia da Xunta de Estremadura. Trala negativa de Juan Carlos Rodríguez Ibarra de ser de novo candidato á Presidencia da Xunta de Estremadura, o día 20 de setembro a Comisión Executiva Rexional do PSOE aclama por unanimidade a Fernández Vara como candidato á presidencia nas eleccións de 2007, que gañou o PSOE por maioría absoluta, co 52% dos votos e 25 puntos por riba do PP o que levou á investidura de Fernández Vara como presidente da Xunta de Estremadura o 27 de xuño de 2007. Nas eleccións de 2011 repetiu como candidato á presidencia estremeña, quedando o seu partido en segundo lugar tras o PP, a abstención de Izquierda Unida fixo posible que o candidato popular José Antonio Monago lograse a presidencia da Xunta de Estremadura, mantendo Fernández Vara a secretaria xeral do PSOE estremeño e sendo de novo candidato polo PSOE á presidencia nas eleccións de 2005.

Predecesor:
María Emilia Manzano
 
Conselleiro de Benestar Social da Xunta de Estremadura

1996-1999
Sucesor:
Ana Garrido Chamorro
Predecesor:
El mesmo
(Benestar Social)
 
Conselleiro de Sanidade e Consumo da Xunta de Estremadura

1999-2007
Sucesor:
María Jesús Mejuto
(Sanidade e Dependencia)
Predecesor:
Juan Carlos Rodríguez Ibarra
 
Presidente da Xunta de Estremadura

2007-2011
Sucesor:
José Antonio Monago
Predecesor:
Juan Carlos Rodríguez Ibarra
 
Secretario xeral do PSOE de Estremadura

2008-actualidade
Sucesor:
No posto