María Guardiola

política española

María Guardiola Martín, nada en Cáceres o 5 de decembro de 1978 [1] é unha política estremeña do Partido Popular, líder do Partido Popular de Estremadura dende 2022 e candidata ás eleccións autonómicas de Estremadura de 2023.

Infotaula de personaMaría Guardiola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Lista de presidentes da Estremadura (pt) Traducir
17 de xullo de 2023 –
← Guillermo Fernández Vara
Member of the Assembly of Extremadura (en) Traducir
20 de xuño de 2023 –
Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , funcionaria pública Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata

Facebook: MariaGuardiolaM Instagram: mariaguardiolapp Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en administración e dirección de empresas e en ciencias empresariais pola Universidade de Estremadura. Despois traballou durante máis de dúas décadas como funcionaria na Xunta de Estremadura[1], foi xefa do servizo de atención a maiores da Consellería de Sanidade e Dependencia, xefa da unidade de xestión económica e orzamentaria do Servizo Estremeño de Promoción da Autonomía e Atención á Depedencia e xefa do servizo de xestión orzamentaria da Consellería de Emprego. Foi secretaria xeral de Economía e Facenda en 2012 e de Ciencia e Tecnoloxía na Consellería de Economía, Competitividade e Innovación en 2014

En 2022 Guardiola foi a única candidata que recibiu as sinaturas precisas para optar á dirección do Partido Popular de Estremadura, en substitución de José Antonio Monago que ocupaba o cargo dende 2008 [2]. Foi concelleira na súa cidade natal, onde o seu partido estaba na oposición, e converteuse na primeira muller en liderar un dos dous grandes partidos na autonomía [3]. Apoiouna o entón líder do seu partido Pablo Casado, como parte dunha tendencia a seleccionar políticos municipais para as candidaturas autonómicas, e mantivo ese apoio o sucesor de Casado, Alberto Núñez Feijóo [4]. Fernando Pizarro, o alcalde de Plasencia durante tres mandatos fixo unha campaña entre as bases pero ao se retirar, cando quedaba unha semana para concentrarse na súa reelección nas eleccións municipais, deixou a Guardiola coma única candidata [3] [4].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar