Ciudadanos en Blanco

Ciudadanos en Blanco (Cenb) é unha agrupación política española que se autodefine como unha "agrupación de ciudadanos y ciudadanas unidos en torno a la difusión, defensa e implantación del Voto en Blanco Computable"[1], inscrita no rexistro de partidos para acadar lexislar o voto en branco como un voto computable de xeito que se reflicta en escanos baleiros[1]. Cenb fundouse en 2002[2] nas Illas Baleares. Desde entón vense presentando ás eleccións nos 3 niveis territoriais (local, autonómico e estatal). En outubro de 2011, xunto con outras organizacións, funda a coalición hartos.org[3].

Ciudadanos en Blanco
AcrónimoCenB
Tipopartido político español
Data de fundación8 de abril de 2003
SedeSant Lluís
PaísEspaña
Na rede
http://ciudadanosenblanco.es/
editar datos en Wikidata ]

O motivo do seu programa electoral débese á actual lei electoral española (LOREG)[4], na cal os votos en branco son válidos e contabilizados para calcular a porcentaxe de votos de cada partido que, para poder entrar no repartimento de escanos, debe superar a barreira do 3% nas eleccións xerais e o 5% nas municipais e na maioría das autonómicas. Porén, ditos votos en branco non son tidos en conta á hora de facer o repartimento de escanos, aínda que superen a porcentaxe marcada. Segundo esta agrupación, se o voto en branco conta para calcular a porcentaxe de cada partido, debe de contar tamén para facer o repartimento como se fose un partido máis. No caso de que deste xeito lle correspondese algún escano aos votos en branco, reflectiríase en escanos baleiros sen ocupar.

CenB ofrécese aos votantes que teñan intención de votar en branco como unha ferramenta para facer visible dito voto mediante a non-ocupación do escano e a renuncia a calquera emolumento que lle puidera corresponder por ter acadada a representación. A pesar da grande expansión que sufriu desde a súa fundación, aínda non logrou presentar listas en todas as provincias do Estado español.

Liña política editar

Ciudadanos en Blanco persegue que os votos en branco nas eleccións sexan computados de forma que se acadan os suficientes para obter un escano, este quede baleiro. O principal punto do programa electoral da agrupación é a consecución dunha lei electoral máis proporcional ca actual e que contemple o voto en branco computable para a repartición. O partido afirma que, agás nesa ocasión, deixaría os seus escanos baleiros e, unha vez conseguida, o partido autodisolveríase.

Nas eleccións municipais do 2011, acadou catro concelleiros en tres concellos cataláns[5]:

Para as Eleccións xerais de España de 2015, cambiou de nome e aliados, pasando a denominarse "Movimiento Ciudadano por el Voto en Blanco Computable" e presentándose polo partido Escaños en Blanco[6].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  3. http://www.hartos.org/quienes_somos.html
  4. http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo5-1985.html
  5. http://www.20minutos.es/noticia/1078598/0/ciudadanos/blanco/historia/
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 04 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar