Eladio Vaz Gallego

funcionario e escritor galego

Eladio Vaz Gallego, nado en Santiago de Compostela en 1894 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1957, foi un funcionario e escritor galego.

Infotaula de personaEladio Vaz Gallego
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , funcionario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesRafael Domínguez Artime (neto) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi oficial da Prisión do partido de Santiago de Compostela nos anos vinte e trinta. O 6 de xullo de 1936 ingresou no Partido Galeguista. Escribiu poemas en galego e castelán entre 1937 e 1947, dos que só se conservan medio centenar en castelán, pois a súa produción en galego extraviouna Luís Emilio Batallán logo de que a familia lla prestase para musicar poemas[1].

En 1939 era director da prisión de Toledo, cando foi ocupada polas topas franquistas. Librou da condena grazas a unha carta que os presos enviaron a Franco pedindo clemencia para o que fora o seu carcereiro. En 1949 era xefe de prisións de Cangas de Onís[2], e despois foi Administrador da Prisión Provincial de Pontevedra[3].

Vida persoal editar

Casou en Santiago de Compostela con Concepción Pintos Conde en febreiro de 1925[4]. Foi pai de María del Carmen Vaz Pintos, que casou co médico Miguel Domínguez Rodríguez.

Obra editar

  • Oropeles (Ab Origine, 2017)

Notas editar

  1. Rodrigo Cota (2017): prólogo ao libro Oropeles de Vaz Gallego.
  2. La Noche, 16-7-1949, p. 2.
  3. La Noche, 3-12-1956, p. 5.
  4. El Compostelano, 8-2-1925, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar