Eladio Rodríguez González (político)

político e militar galego

Eladio Rodríguez González, nado en San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras) en 1912, e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político e militar galego.

Infotaula de personaEladio Rodríguez González
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
San Miguel do Outeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de labregos, era o segundo de seis irmáns. Orfo de moi novo, abandonou a escola para traballar no campo. Durante a República afiliouse ao PCE con Santiago Álvarez, e intentou crear células do partido en Valdeorras. Na folga xeral revolucionaria de 1934 logrou atrasar as tropas militares que ían cara Asturias. Tivo que ocultarse en Quiroga, pero ante a persecución das autoridades refuxiouse en Chaves, onde estivo quince meses, ata o triunfo da Fronte Popular. Regresou a Valdeorras trala amnistía concedida polo goberno participando en varios actos do partido, e na campaña do Estatuto de Autonomía.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou a Asturias. Ingresou no Batallón Galicia e chegou a tenente-xefe do Corpo de Sanidade. Coa derrota de Asturias pasou a Barcelona onde se incorporou á XI División, e despois ao V Corpo do Exército onde chegou a tenente de información do Estado Maior. O 11 de febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa, logrou eludir os campos de concentración e instalouse en París. En marzo de 1939 solicitou asilo en México.[1] Coa segunda guerra mundial o Comité Central do PCE ordenoulle a marcha a Cuba, vía Santo Domingo, con Santiago Álvarez; desembarcou na Habana o 29 de novembro de 1939. Saíu ilegalmente da illa o 8 de marzo de 1940 para traballar clandestinamente en España, arribando a Coruña o 26 de marzo. Trasladouse a Vigo para contactar con Francisco Barreiro que debía prepararlle a viaxe a Lisboa. Actuou entre Galicia e Portugal. En Lisboa formou parte da dirección do PCE no exilio.

Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detida a maior parte da dirección do PCE en Portugal e extraditados os seus membros pola policía salazarista; Eladio foi arrestado en Vigo o 26 de outubro de 1941 con Francisco Barreiro e Jacinto Nogueira. Compareceu nun consello de guerra en Madrid e foi condenado a morte. Logo duns meses na prisión de Porlier, foi fusilado o 21 de xaneiro de 1942 no Cemiterio do Este con Francisco Barreiro, Isidoro Diéguez Dueñas, Jesús Larrañaga Churruca, Manuel Asarta Imaz e Jaime Girabau Estévez.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Estruch Tobella, Joan (1998). El PCE en la clandestinidad. 1939-1956. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-932232-8-X. 
  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 339–351. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas editar