El Momento (A Coruña)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Momento.
El Momento foi un xornal editado na Coruña en 1930.
El Momento | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario independente e Diario de la noche, apareceu o 16 de febreiro de 1930. Fundado por Ánxel Casal, tirábase na Editorial Nós. De tendencia progresista e galeguista, incluíu información local da Coruña e Santiago de Compostela e artigos sobre educación e política. Moitos dos seus contidos foron censurados. Contou con colaboracións humorísticas de Álvaro Cebreiro, con ilustracións de Cousas de Castelao e textos de Vicente Risco, Aquilino Iglesia Alvariño, Antón Vilar Ponte, Víctor Casas, Urbano Losada e Celso Romero Peláez. Deixou de editarse o 13 de marzo de 1930.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.