O Espinar
O Espinar[1] (en castelán, El Espinar) é un municipio da provincia de Segovia, Castela e León, pertencente á comarca de Segovia cunha poboación de 9.217 habitantes segundo os datos do padrón correspondentes ao ano 2008. A extensión do municipio é de 205,10 km² polo que a densidade de poboación é de 44,93 hab./km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Segovia | ||||
Capital | El Espinar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.145 (2024) (49,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 204 km² | ||||
Altitude | 1.191 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Eloy Jorge Gómez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 40400 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 40076 | ||||
Sitio web | elespinar.es | ||||
Xeografía
editarSituada ao pé da Serra de Guadarrama e atravesada pola estrada nacional N-VI e a autoestrada AP-6 que unen Madrid con A Coruña a vila del Espinar ocupa a transición entre a serra e a meseta castelá. No seu territorio xurdiron outros dous núcleos urbanos que conforman, xunto co orixinario, o actual concello do Espinar, estes son: La Estación e San Rafael, no seu termo está a urbanización de Los Ángeles de San Rafael. O Espinar é coñecido como a porta de Castela e León.
Xentilicio
editarO xentilicio xenérico é o de espinariegos e o apelativo «ahumao» ou «bolluyo», aínda que o feito de que o municipio estea formado por varios núcleos de poboación fai que algún destes teña o seu propio, como é o caso de San Rafael, cuxo xentilicio é sanrafaeleños e o apelativo de «fondilleros».
Demografía
editar1900 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.160 | 3.619 | 4.147 | 4.665 | 4.938 | 5.151 | 4.843 | 6.255 | 6.293 | 6.543 | 6.887 | 7.257 | 7.746 | 8.230 | 8.666 | 9.217 |
Notas
editar- ↑ Criterios para uso da lingua Arquivado 30 de setembro de 2015 en Wayback Machine. da UDC
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Espinar |