El Eco de Tambo
El Eco de Tambo foi un xornal editado en Pontevedra entre 1883 e 1884.
El Eco de Tambo | |
---|---|
Fundación | 1883 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario de Pontevedra, apareceu o 2 de febreiro de 1883. Cambiou o seu subtítulo por Periódico defensor de los intereses morales y materiales. Posteriormente radicalizouse e adquiriu un marcado cariz político, cambiando o subtítulo por Diario de la izquierda liberal. Editado na imprenta de José Millán, estaba dirixido por Emilio Álvarez Giménez. Entre os seus colaboradores figurou Eduardo Vincenti. Cesou a súa edición non antes de outubro de 1884.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.