El Criterio Gallego (Pontevedra)

El Criterio Gallego foi un periódico editado en Pontevedra en 1893 e 1896.

El Criterio Gallego
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9018
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario católico de la mañana, apareceu a mediados de abril de 1893. Dirixido por Hipólito Codesido Sánchez. Publicación de tendencia carlista, trataba temas políticos. Entre os seus redactores figuraron Emilio Canda Adán, Carmelo Castiñeira Antelo e Eusebio Vence Calviño. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada "Hoja Literaria", dedicada a Rosalía de Castro, na que apareceron traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia Rosalía. A partir de 1894 subtitulouse Diario Católico e publicou como folletín El Pórtico de la Gloria de Antonio López Ferreiro.[1] Cesou a súa edición a principios de setembro de 1895.[2] Volveu aparecer a principios de abril de 1896[3] pero pechou definitivamente en outubro dese ano.

Notas editar

  1. "Ficha no Proxecto Meiga". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. 
  2. Gaceta de Galicia, 5-9-1895, p. 2.
  3. Diario de Pontevedra, 6-4-1896, p. 2

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar