El Clot
El Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. É un dos núcleos máis antigos do distrito dado que xa existía na época medieval co nome de Clotum Melis. O nome actual deriva da palabra Cros, que significa "fondo" e que fai referencia a terras de cultivo situadas en fondais.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Sant Martí | |||
Poboación | ||||
Poboación | 26.759 (2021) (38.446,84 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 69,6 ha | |||
Esta zona era unha das que provía Barcelona de víveres grazas ás súas hortas e muíños arredor do Rec Comtal (rego condal) e algunhas das construcións de carácter rural, masías e torres señoriais aínda se manteñen como a Torre do Fang. No século XIX instaláronse no barrio fariñeiras e industrias téxtiles, entre outras. Isto provocou que a finais de século fora un gran asentamento industrial e obreiro.
Actualmente o Clot aínda é un barrio obreiro, a pesar de que está rodeado pola zona sur de grandes edificios como a Torre Agbar e centros comerciais como o de Glòries, creando un contraste arquitectónico visible. Está situado relativamente preto do centro da cidade e moi ben comunicado por transporte público, xa que ten entre outros servizos unha gran estación de Metro e Renfe.
Galería de imaxes
editar-
Edificio da rúa Clot.
-
Detalle de pintura na fachada.
-
Casa particular da rúa Clot.
-
Casas da rúa Clot.
-
Casa construída en 1911 na rúa Clot.
-
Casas baixas da rúa.
-
Fariñeira do Clot
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |