El Aleph é unha escolma de dezasete novelas curtas de Jorge Luis Borges e tamén o nome da derradeira novela curta do libro. Editadas separadamente entre 1944 e 1952 en diferentes revistas de Buenos Aires, o conxunto é un libro publicado en 1949 e reeditado polo autor en 1974. Toma o seu nome do àlef, letra de varios alfabetos antigos, primeira letra do alfabeto hebreo e é unha das dúas letras que orixinaron a palabra alfabeto.

El Aleph
Autor/aJorge Luis Borges
OrixeArxentina
Lingualingua castelá
Data de pub.1949
editar datos en Wikidata ]
Representación do álef ou aleph, primeira letra do alfabeto hebreo.

Característico do escritor bonaerense, os seus textos fan uso dunha infinidade de fontes e bibliografías, e mediante elas reconstrúe os mitos e as metáforas da tradición literaria universal.

Os temas predilectos de Borges atópanse neste libro: as numerosas referencias literarias (ás veces voluntariamente fantasiosas), a metafísica, os labirintos, o infinito. Varios relatos teñen por tema a morte ou a inmortalidade, outros desenvólvense no ambiente da antigüidade greco-latina ou no do Oriente medieval.

Dezasete novelas curtas editar

  • "El inmortal", sobre a inmortalidade segundo A Ilíada.
  • "El muerto", historia de Benjamín Otálora, personaxe ambicioso que foxe a Uruguai cunha carta de presentación para Azevedo Bandeira, o xefe dunha banda de ladróns e criminais.
  • "Los teólogos", "un soño máis ben melancólico sobre a identidade persoal" (Borges, Postfacio de El Aleph).
  • "Historia del guerrero y la cautiva". Dúas caras dunha mesma moeda. Un ven do salvaxe cara a civilización; a outra, dende a civilización cara a barbarie. Realízase un cambio de identidade. O guerreiro queda impresionado coa civilización romana, e sente que pertence a ela.
  • "Biografía de Tadeo Isidoro Cruz (1829 – 1874 )", o sarxento Cruz do Martín Fierro.
  • "Emma Zunz", o sufrimento ante a noticia da morte do seu pai.
  • "La casa de Asterión", o fillo da raíña encerrado nun labirinto.
  • "La otra muerte", unha carta, unha noticia e o impulso de descubrir a verdade.
  • "Deutsches requiem", a historia dun alto dirixente nazi que vai ser fusilado polos seus crimes.
  • "La busca de Averroes", a partir de Aristóteles de Estaxira.
  • "El Zahir", a perdición dos homes.
  • "La escritura del Dios", a decisión dun home cativo.
  • "Abenjacán el Bojarí, muerto en su laberinto", unha historia contada en Cornualla unha tarde de verán.
  • "Los dos reyes y los dos laberintos", a rivalidade de dous reis e a competencia polo poder.
  • "La espera", un home atormentado polo seu pasado.
  • "El hombre en el umbral", un xuíz inglés tratando de poñer orde en conflitos indios.
  • "El Aleph". Narra o descubrimento do personaxe Borges dun obxecto que é o espello e centro de todas as cousas, no cal todo conflúe e se reflicte.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar