Ekran

Rede de satélites de comunicacións soviéticos.

Ekran (Экран en ruso, significando pantalla), tamén coñecida como Stationar-T e polo código de artigo 11F647, foi unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios soviéticos.[1][2]

Selo soviético conmemorando o sistema de satélites de comunicacións Ekran.

Os satélites Ekran formaron o primeiro sistema de satélites xeostacionarios soviéticos e puxeron en marcha o primeiro servizo en todo o mundo de emisión de televisión por satélite directa ó fogar, proporcionando sinal de televisión en cor a Siberia e ó norte distante. En total lanzáronse 21 satélites da familia Ekran entre 1976 e 1988, todos mediante foguetes Proton e desde o cosmódromo de Baikonur, con catro fracasos.[1][2]

Os deseños preliminares contemplaban o uso de enerxía nuclear para alimentar os satélites e un foguete de elevación da órbita alimentado por hidracina e fluorina, pero este deseño foi desestimado cara 1973 pola complexidade técnica e os riscos asociados. O deseño final, que usaba o bus KAUR-3, alimentábase mediante enerxía solar fotovoltaica e usaba un foguete de elevación ata a órbita xeoestacionaria Block DM alimentado por oxíxeno líquido e queroseno. Estabilizábase nos tres eixos cunha precisión de 0,25 graos grazas a uns pequenos motores de corrección. O sistema de regulación térmica usaba un mecanismo activo de cambio de fase de líquido a gas e os paneis solares medían 25 m² e proporcionaban unha potencia de 1280 vatios.[1][2]

Tras os primeiros lanzamentos, o sistema foi declarado operativo en 1980.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
26 de outubro de 1976 Cosmódromo de Baikonur Ekran 1 (Ekran 11L) Éxito Primeiro voo dun Ekran.
20 de setembro de 1977 Cosmódromo de Baikonur Ekran 2 (Ekran 12L) Éxito
27 de maio de 1978 Cosmódromo de Baikonur Ekran 3a (Ekran 13L) Fallo Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento.
17 de agosto de 1978 Cosmódromo de Baikonur Ekran 3b (Ekran 15L) Fallo Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento.
17 de outubro de 1978 Cosmódromo de Baikonur Ekran 3c (Ekran 14L) Fallo Explosión da segunda etapa do foguete Proton durante o lanzamento.
21 de febreiro de 1979 Cosmódromo de Baikonur Ekran 3 (Ekran 16L) Éxito
3 de outubro de 1979 Cosmódromo de Baikonur Ekran 4 (Ekran 17L) Éxito
14 de xullo de 1980 Cosmódromo de Baikonur Ekran 5 (Ekran 19L) Éxito
26 de febreiro de 1980 Cosmódromo de Baikonur Ekran 6 (Ekran 20L) Éxito
25 de xuño de 1981 Cosmódromo de Baikonur Ekran 7 (Ekran 21L) Éxito
5 de febreiro de 1982 Cosmódromo de Baikonur Ekran 8 (Ekran 22L) Éxito
22 de xullo de 1982 Cosmódromo de Baikonur Ekran 9a (Ekran 23L) Fallo Fallo da primeira etapa do foguete Proton durante o lanzamento.
16 de setembro de 1982 Cosmódromo de Baikonur Ekran 9 (Ekran 24L) Éxito
12 de marzo de 1983 Cosmódromo de Baikonur Ekran 10 (Ekran 18L) Éxito
29 de setembro de 1983 Cosmódromo de Baikonur Ekran 11 (Ekran 25L) Éxito
16 de marzo de 1984 Cosmódromo de Baikonur Ekran 12 (Ekran 26L) Éxito
24 de agosto de 1984 Cosmódromo de Baikonur Ekran 13 (Ekran 27L) Éxito
22 de marzo de 1984 Cosmódromo de Baikonur Ekran 14 (Ekran 28L) Éxito
24 de maio de 1986 Cosmódromo de Baikonur Ekran 15 (Ekran 30L) Éxito
3 de setembro de 1987 Cosmódromo de Baikonur Ekran 16 (Ekran 29L) Éxito
6 de maio de 1988 Cosmódromo de Baikonur Ekran 17 (Ekran 31L) Éxito Último voo dun Ekran

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "Ekran" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Ekran (11F647)" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar