Eirís, A Coruña

Eiris é un barrio pertencente ao concello da Coruña, do cal entrou a formar parte en 1912 trala absorción do concello de Oza. Abarca os núcleos de poboación de Eiris de Arriba, Eirís de Abaixo, Casanova de EirÏs, Castaño de Eirís e Canteira de Eirís

Eiris, A Coruña
Eiris de Abaixo
ConcelloA Coruña
Situación de Eirís de Abaixo no "barrio-territorio" de Eirís.[1]

Xeografía editar

É unha zona pouco poboada de vivendas unifamiliares e campo, aínda que tamén se poden atopar bloques de edificios na zona da Canteira de Eirís e no novo barrio de Xuxán. Está situado nun outeiro alto ao SE da cidade, entre O Castrillón, Elviña e Palavea.

Eirís era a zona agrícola da cidade, sendo maiormente coñecida polo cultivo das fresas, o que era zona de cultivo atopábase entre a Avenida Alfonso Molina, barrio das Flores, a estrada de Eiris e o colexio dos Maristas, a día de hoxe desapareceu completamente por causa das obras para a construción do novo barrio de Xuxán[2] (antes Parque Ofimático[3]) e da estrada AC-10.[4]

Historia editar

Fálase dun asentamento romano cuxos restos foron achados a principios de século preto do Castelo de Eirís, no parque de Eirís. Eirís ten orixes rurais, mais foi aumentando de xeito descontrolado a súa superficie urbanizada, o que fixo que boa parte do seu patrimonio natural e arquitectónico fose desaparecendo. Aínda así consérvase o Castelo de Eirís, unha casa forte[5] que comezou a construíuse en 1636, e finalizouse en 1655, a principios do século XX aínda estaba en pé gran parte deste forte ou casaforte,[6] actualmente está en ruínas.

O veciño máis famoso do barrio é o escritor Uxío Carré Aldao, nado en Eirís de Abaixo o 5 de novembro de 1859 e que dá nome a asociación de veciños do barrio.

Servizos públicos editar

Os servizos educativos son servidos, a falta de colexios públicos no barrio, polo colexio privado colexio Eirís.

Carece de atención sanitaria primaria, para a cal os seus veciños débense desprazar até o Barrio de Matogrande, aínda que atopase lindante ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, o maior hospital da cidade de A Coruña e punteiro tanto nivel galego como español.

O parque de Eirís é a principal zona verde do barrio e a máis descoñecida polos que non son dos barrios limítrofes. O skate park, a gran cúpula ou o estanque reconvertido en zona húmida son algúns dos atractivos deste espazo de máis de 8 hectáreas inaugurado en 2004 e que agocha un pasado romano aínda por descubrir, na súa contorna atópase un campo de fútbol, así como o centro cívico. O barrio tamén conta cun punto limpo en Eirís de Arriba.

A biblioteca pública máis próxima é a do centro cívico do Castrillón.

A Compañía de Tranvías da Coruña presta os seus servizos coa liña 1A [7].

Festas editar

Tradicionalmente a festa de Eiris, hoxe desaparecida, celebrábase polo San Antonio, a fin de semana seguinte a festa de Palavea, no desparecido campo de fútbol do Racing de Eirís. Como remedo desta desaparecida festa, a día de hoxe o concello celebra a Festa de Fresa no mes de agosto encuadrada dentro das Festas da Coruña, en lembranza do cultivo no barrio desta froita.

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar