Eero Saarinen

Eero Saarinen, nado o 20 de agosto de 1910 en Helsinqui e finado o 1 de setembro de 1961 foi un arquitecto estadounidense de orixe finlandés. O seu pai foi o coñecido arquitecto Eliel Saarinen.

Eero Saarinen
Eero-Saarinen.jpg
Nacemento20 de agosto de 1910 e 1910
Lugar de nacementoKirkkonummi
Falecemento1 de setembro de 1961
Lugar de falecementoAnn Arbor
Causacancro de cerebro
NacionalidadeEstados Unidos de América e Finlandia
Alma máterAcadémie de la Grande Chaumière, Yale School of Architecture e Universidade Yale
Ocupaciónarquitecto e deseñador
PaiEliel Saarinen
NaiLoja Saarinen
CónxuxeLilian Swann Saarinen e Aline B. Saarinen
FillosEric Saarinen e Eames Saarinen
IrmánsPipsan Saarinen Swanson
Coñecido porIngalls Rink, CBS Building e Gateway Arch
PremiosMedalla de Ouro do AIA e Fellow of the American Institute of Architects
Na rede
IMDB: nm8060213 Discogs: 1805580 WikiTree: Saarinen-44 Find a Grave: 41785353 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cando tiña 13 anos, os seus pais emigraron ós Estados Unidos. Saarinen estudou primeiramente escultura na Academia da Grand Chaumiére de París e posteriormente arquitectura na Universidade Yale. Recibiu unha bolsa para viaxar de novo a Europa, onde estivo dous anos. De volta ós Estados Unidos foi profesor de Arquitectura na Academia de Arte Cranbrook. En 1937 comenzou a deseñar mobles en colaboración cun socio, polos que recibiron varios premios do Museo de Arte Moderna de Nova York. Máis tarde deseñou tamén mobles para a compañía Knoll, que se converteron en clásicos.

Como arquitecto, Saarinen traballou no estudio do seu pai ata a morte deste. Fíxose famoso polos seus deseños en liñas curvas, especialmete nas cubertas dos edificios, coas que conseguía darlles gran lixeireza. Asociouse acotío co que se denominou arquitectura internacional. Un dos edificios máis representativos e coñecidos popularmente é a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de Nova York.

Obras destacadasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar