Edward Daly
Edward "Ned" Daly ou Éamonn Ó Dálaigh (en irlandés), nado o 28 de febreiro de 1891 en Limerick (Irlanda) e executado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham Gaol, foi comandante do Primeiro Batallón de Dublín durante o Alzamento de Pascua de 1916. Era o home máis novo con rango militar e un dos prisioneiros máis novos que foron executados tralo Alzamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1891 Limerick |
Morte | 4 de maio de 1916 (25 anos) prisión de Kilmainham |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Arbour Hill |
Datos persoais | |
Educación | CBS Sexton Street (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Óglaigh na hÉireann |
Conflito | Alzamento de Pascua |
Traxectoria
editarNed Daly naceu en Limerick (Irlanda), era o irmán máis novo de Kathleen Clarke, esposa de Thomas J. Clarke, e membro activo da Irmandade Republicana Irlandesa. O seu tío foi John Daly, un importante feniano que tomou parte no Alzamento Feniano de 1867.
O batallón de Daly, con base en Four Courts e nas áreas ao Norte e Leste do centro de Dublín, participou na loita máis intensa da revolta. Daly rendeu o seu batallón o 29 de abril. No xuízo alegou que o único que facía era cumprir ordes, mais foi condenado a morte e fusilado o 4 de maio de 1916 en Kilmainham Gaol á idade de 25 anos.
Os homes do seu batallón afirmaron que era un bo comandante, unha opinión compartida tamén por un oficial británico capturado polo batallón de Daly.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar