Eduardo Manuel Martín Losada

escritor asturiano

Eduardo Manuel Martín Losada, nado en Oviedo o 15 de setembro de 1891 e finado en Cabo de Cruz o 20 de abril de 1949, foi un escritor asturiano instalado en Galicia.

Infotaula de personaEduardo Manuel Martín Losada
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Cabo de Cruz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 255321

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de clase alta de Oviedo. A familia trasladouse a Galicia e Eduardo fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, e despois matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que residiría durante moi longo tempo. Colaborou en prensa e revistas. Relacionouse e fixo amizade co xornalista José Portal Fradejas, o escritor Manuel Ortiz Novo e o pintor Roberto González del Blanco e participou nas veladas político-literarias organizadas pola Juventud Jaimista en Compostela.[1] En 1914 publicou o seu primeiro libro, o poemario El deboto de la Santa Poesía. Cinco anos despois apareceu en Santiago de Compostela a súa segunda obra, o ensaio Mirajes de Égloga. De cómo en el amor puro se espeja la cara de Dios. A partir deste momento, desapareceu do primeiro plano literario e só se lle coñece algunha colaboración puntual en revistas.

Obras editar

Na súa obra combina xéneros literarios como a poesía sobre diversos temas (o amor, Deus, a natureza, o ser humano...) e os ensaios filosóficos, nos que desenvolve as súas inquedanza respecto ao mundo que o rodea.

Colaboracións en prensa e revistas literarias editar

 
Portada de El deboto de la Santa Poesía. Santiago de Compostela, 1914.

Moi novo comezou a publicar en periódicos e revistas galegas. O seu primeiro traballo "Primavera" apareceu na Gaceta de Galicia o 29 de abril de 1909, e o poema "Lágrimas", uns días despois, o 1 de maio, na revista Vida Gallega. Tamén en 1909 colaborou activamente coa revista literaria Compostela, publicando en varios números. A partir dese ano, publicou varios poemas como "Solo" (Diario de Galicia, 11 de setembro de 1912), "Mientras la tarde muere..." (Noticiero de Vigo, 4 de novembro de 1912), "El devoto de la santa poesía" (que comprende tres poemas: "Los niños - La vida", "Íntima" e "La hora única" en El Eco de Galicia, 15 de febreiro de 1913), "La canción de la abuelita" (Diario de Galicia, 6 de marzo de 1913) o "Lo arcano" (Gaceta de Galicia, 11 de xuño de 1913 e La Correspondencia Gallega, 1 de xuño de 1913). Algúns destes poemas foron incluídos no libro El deboto de la Santa Poesía.

Tras este período, no apareceu ningún texto seu en prensa ata que o 4 de xuño de 1927 a revista literaria madrileña Gutiérrez publica o seu escrito "Un contratiempo" no seu número 5. Esta foi a súa última aparición literaria coñecida.

Libros editar

 
Portada Mirajes de Égloga. Editorial de la Viuda de Pueyo. Madrid, 1920.

En 1909 o xornalista Abel Caballero Cornide publicou un artigo falando de Martín Losada como unha das maiores promesas da literatura galega e anunciando a aparición dun seu primeiro poemario, Prímulas, e dun libro de relatos, Cuentos de orilla mar, narracións de Cabo de Cruz e a súa contorna, que non chegaron a ver a luz.[2]

  • El deboto de la Santa Poesía, 1914.
  • Mirajes de Égloga. De cómo en el amor puro se espeja la cara de Dios, 1919.[3]

Sinalar como curiosidade que Manuel Antonio relata ao seu curmán Roxelio Pérez González estar lendo con agrado Mirajes de Égloga, nunha carta recollidas na súa Correspondencia.[4]

Vida persoal editar

Casou con Manuela Rodríguez Silva e foi pai de Carmen, Ismael e Salvador Martín Rodríguez.

Notas editar

  1. Diario de Galicia, 29-3-1913, p. 1.
  2. La Correspondencia Gallega, 24-4-1909, p. 2.
  3. Mirajes de Égloga en Galiciana
  4. Instituto da Lingua Galega. Tesouro informatizado da lingua galega (TILG).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Historia de la lengua y la literatura castellana. (1908-1920). Tomo XIV. Julio Cejador y Franca. Imprenta de la “Rev. De Arch. Bibl. Y Museos". 1922.
  • Franciscanismo Ibero-Americano en la historia, la literatura y el arte. (1927). Samuel Eiján. Biblioteca Franciscana. Barcelona, 1927.
  • Bibliografía española: Órgano oficial de la Asociación de la Librería de España, Volumen 20. Federación Española de Productores, Comerciantes y Amigos del Libro. Kraus Reprint, 1967.
  • Catalogo general de la librería española e hispanoamericana, años 1901-1930, Volumen 3. Cámara Oficial del Libro de Madrid, Cámara Oficial del Libro de Barcelona. Kraus Reprint Company, 1935.
  • Bibliografía española, Volumen 20. Federación Española de Productores, Comerciantes y Amigos del Libro. Asociación de la Librería, 1967.
  • Suroeste: relaciones literarias y artísticas entre Portugal y España (1890-1936). Volumen 1. MEIAC, 2010.