Eduardo Blanco Morandeira

actor arxentino

Eduardo Branco Morandeira, nado en Buenos Aires o 28 de febreiro de 1958, é un actor arxentino de orixe galega. Ten traballado tanto en cine como en teatro e televisión. É coñecido principalmente polas súas participacións en varios filmes de Juan José Campanella, así como na serie Vientos de agua, do mesmo director.

Infotaula de personaEduardo Blanco Morandeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0087249 Allocine: 71892 Rottentomatoes: celebrity/eduardo_blanco Allmovie: p297083
Facebook: eduardoblancoactor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Buenos Aires, no barrio de Boedo, fillo de dous emigrantes galegos que se coñeceron no Centro Lalin Agolada Silleda da capital arxentina. Súa nai Carmen era natural de Margaride, Silleda, mentres que seu pai José Plácido era da parroquia lalinesa de Bendoiro.[1]

Estudou nun colexio industrial e aos 17 anos comezou no teatro, nunha compañía independente dirixida por Rubén Durán.[1] Actuou baixo a dirección de Norma Aleandro en Cyrano de Bergerac e, posteriormente, actuou en obras de William Shakespeare como Soño dunha noite de verán e Macbeth.

O seu debut no cine foi en Victoria 392 (1984), filme rodado en super 8 e onde coñeceu e fixo amizade co director Juan José Campanella e co seu guionista Fernando Castets. Campanella e Castets escribiron despois papeis especificamente para el nunha triloxía de películas que tiveron a Ricardo Darín como protagonista e a Blanco como amigo: El mismo amor, la misma lluvia (1999), El hijo de la novia (2001) e Luna de Avellaneda (2004). A segunda delas foi nomeada ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Blanco colaborou por quinta vez con Campanella en 2006 na serie de televisión Vientos de agua, na que tivo un dos tres papeis protagonistas, xunto a Héctor Alterio e Ernesto Alterio.

Tamén actuou entre outras nas series arxentina Aquí no hay quien viva (2008) e Recordando el show de Alejandro Molina.

Filmografía editar

Cine editar

  • Victoria 392 (1984)
  • Aunque tú no lo sepas (2000)
  • El mismo amor, la misma lluvia (1999)
  • El hijo de la novia (2001)
  • Luna de Avellaneda (2004)
  • Dolores de casada (2004)
  • Conversaciones con mamá (2004)
  • El tango de la psicoanalista (2005)
  • Tapas (2005)
  • Un minuto de silencio (2005)
  • Naranjo en flor (2008)
  • Pájaros muertos (2008)
  • La vida empieza hoy (2010)
  • Una hora más en Canarias (2010)
  • 180º (2010)
  • Una mujer sucede (2012)
  • El pozo (2012)
  • 20.000 besos (2013)
  • Paternoster (2014)
  • Kamikaze (2014)
  • Cuando dejes de quererme (2018)

Televisión editar

  • Duro como la roca, frágil como el cristal (1985)
  • La viuda blanca (1986)
  • Estrellita mía (1987)
  • Por siempre mujercitas (1995)
  • El hombre (1999)
  • Primicias (2001)
  • El sodero de mi vida (2001)
  • Franco Buenaventura, el profe (2002)
  • Historias de sexo de gente común (2005)
  • Vientos de agua (2006)
  • Aquí no hay quien viva (2008)
  • Recordando el show de Alejandro Molina (2011)
  • Decisiones de vida (2011)
  • Se trata de nosotros (2015)
  • Entre caníbales (2015)
  • Alta mar (2019-2020)

Premios e nomeamentos editar

  • Cóndor de Prata 1999 e 2001 como mellor actor secundario.
  • Premio Clarín 2004 como mellor actor secundario de cine.
  • Nomeado ao Martín Fierro do 2006 como mellor actor protagonista nunha unitario e/ou miniserie.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar