El hijo de la novia

El hijo de la novia é unha película arxentina dirixida por Juan José Campanella no ano 2001. Protagonizada por actores arxentinos de sona como Norma Aleandro e os afincados en España Héctor Alterio e Natalia Verbeke, esta película obtivo un enorme éxito e recoñecemento de público e crítica, recollendo multitude de premios. Candidata ó premio Oscar á mellor película de fala non inglesa.

ArgumentoEditar

Rafael Belbedere (Ricardo Darín) é un home que ronda os 30 anos e ó que lle vai mal o negocio do restaurante herdado polo seu pai Nino (Héctor Alterio). Ademais, na súa vida sentimental tampouco lle van ben as cousas, xa que está divorciado. Por todo isto, non lle presta moita atención á súa moza Naty (Natalia Verbeke) e hai moito que non vai a visitar á súa nai Norma, (Norma Aleandro) que padece alzhéimer e está ingresada nunha residencia.

Rafael terá que intentar ver cumprido o vello soño da súa nai, que é casar pola Igrexa, antes de que faleza.

Elenco de actoresEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar