Edoardo Ballerini
Edoardo Ballerini, nado nos Ánxeles o 20 de marzo de 1970, é un actor, escritor e director italoamericano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1970 (54 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Nova York |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Italia |
Educación | Universidade Wesleyana Lee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista , actor de cinema , actor de televisión , director de cinema , director teatral |
Período de actividade | 1995 - |
Lingua | Lingua inglesa e lingua italiana |
Familia | |
Pai | Luigi Ballerini |
Premios | |
Páxina web | edoardoballerini.com |
|
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarDe pai italiano, o poeta Luigi Ballerini, e nai estadounidense, creceu entre Nova York e Milán. Ten dobre nacionalidade e é bilingüe. A súa primeira educación foi en Nova York, despois asistiu á Universidade Wesleyana, para formarse en literatura. Despois da súa graduación con honores, recibiu unha bolsa para estudar latín en Roma. En Italia, descubriu un grupo de actores expatriados que estaban a formar unha compañía de teatro e decidiu unirse ao grupo. No outono seguinte asistiu a clases de interpretación en Nova York nos HB Studios e no The Lee Strasberg Theatre Institute. Máis tarde foi observador no Actors Studio No ano 2000 trasladouse aos Ánxeles.
Primeiros papeis
editarO seu primeiro papel importante foi en Looking for an Echo (1998), onde os críticos sinalaron o seu potencial, interpretando ao fillo de Armand Assante . Despois desta actuación, Ballerini interpretou a un brillante chef estrela en Dinner Rush (2001), de Bob Giraldi, xunto a Danny Aiello. Aínda que a película non foi ben recibida nos Estados Unidos tras a súa estrea, foi ben recibida polo circuíto de cine independente de Nova York.
Celebridade
editarÉ famoso polo seu traballo diante das cámaras como o drogadicto Corky Caporale en The Sopranos (2006-2007), o temperamental chef en Dinner Rush (2001) e o negociante da NFL en Romeo Must Die (2000). Traballou en numerosas películas e series, desde I Shot Andy Warhol (1996) a Boardwalk Empire (2010) de Martin Scorsese. O seu debut como director, Good Night Valentino, estreouse no Festival de Cine de Sundance de 2003, e conta con Ballerini interpretando á estrela do cine mudo Rodolfo Valentino.[1]
Notas
editar- ↑ Love Proverb Arquivado 19 de setembro de 2005 en Wayback Machine.. Worldfilm.about.com.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edoardo Ballerini |
Ligazóns externas
editar