Edmund Kean
Edmund Kean, nado o 17 de marzo de 1787 en Londres, Inglaterra e finado o 15 de maio de 1833, foi un actor escénico inglés skakesperiano, recoñecido no seu tempo pola súa baixa estatura, a súa vida persoal barullenta e o seu polémico divorcio. Durante a súa vida, actuou en Londres, Belfast, Nova York, Quebec e París entre outros lugares.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1787 Londres |
Morte | 15 de maio de 1833 (46 anos) Richmond (en) |
Lugar de sepultura | Castelo de Windsor |
Datos persoais | |
Residencia | Londres |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro |
Empregador | Teatro Drury Lane (pt) |
Xénero artístico | Comedia shakespeariana |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Chambers (1808–valor descoñecido) |
Fillos | Charles Kean (pt) |
Nai | Anna Carey (en) |
|
Traxectoria
editarKean naceu en Londres, o seu pai foi probablemente Edmund Kean, un empregado de arquitectura; e a súa nai foi a actriz Anne Carey, filla do compositor e escritor Henry Carey. Kean fixo a súa primeira aparición no escenario aos catro anos, como cupido no ballet de Jean-Georges Noverre, Cymon. Como neno, a súa vivacidade, enxeño e simpatía fixérono un favorito entre o público, pero as súas inclementes e adversas circunstancias e a falta de disciplina, levárono a ter unha gran confianza en si mesmo e desenvolveu tendencias rebeldes e encaprichadas. Preto de 1794 unhas persoas benevolentes pagáronlle a súa asistencia á escola, onde lle foi ben; pero atopando as ataduras intolerables, embarcouse como grumete cara a Portsmouth. Atopando a vida no mar mesmo máis restritiva, fíxose pasar por xordo e coxo tan brillantemente que enganou os doutores en Madeira.
Ao seu regreso a Inglaterra obtivo a protección do seu tío Moses Kean, un mimo, ventrílocuo e, en xeral, un artista, quen, ademais de facer que continuase os seus estudos de pantomima, o iniciou no estudo de Shakespeare. Ao mesmo tempo, Charlotte Tidswell, unha actriz que fora particularmente amable con el na súa infancia, ensinoulle as bases da actuación.
Coa morte do seu tío, ela fíxose cargo del, e comezou o estudo sistemático dos personaxes principais das obras de Shakespeare, facendo uso da súa peculiar orixinalidade propia do seu xenio interpretando completamente diferente de como o facía John Philip Kemble, considerado entón o mellor expoñente destes roles. Os talentos de Kean e o seu interesante aspecto, causaron que a señora Clarke o adoptase, pero ofendeuse dos comentarios dun visitante e repentinamente deixou a súa casa e regresou á súa antiga contorna.
Edmund morreu o 15 de marzo de 1833 durante a súa derradeira aparición sobre o escenario no Covent Garden, cando representaba Otelo, unha obra de Shakespeare, xunto ao seu fillo Charles Kean, que xa era un actor experto e interpretaba a Iago no mesmo escenario. De súpeto, cando Edmund dixo "Villain, be sure," ("Vilán, asegúrese") na escena terceira do acto terceiro, caeu e comezou a chorar cunha voz vacilante, dicindo: "Oh God, I am dying. Speak to them, Charles," (Oh Deus, mórrome. Fálalles, Charles") e deseguido perdeu a conciencia nos brazos do seu fillo. Morreu en Surrey en 1833 e está enterrado na igrexa parroquial de All Saints, na cidade de Catherington, Hampshire. As súas derradeiras palabras foron "dying is easy, comedy is hard" ("morrer é fácil, a comedia é difícil"). En Dublín, Gustavus Vaughan Brooke tomou o papel de William Tell, abandonado por Kean.
Obras de teatro
editarSon diversas as obras de teatro dedicadas á vida de Kean, mais son seis en total as máis recoñecidas:
- Kean, un drama de Alexandre Dumas, 1836
- Kean, unha comedia de Jean-Paul Sartre, 1953 (producida en 1954 con Pierre Brasseur, volveu a Londres en 1990 protagonizada por Derek Jacobi e en 2007 protagonizada por Antony Sher)
- Kean, un musical de Broadway por Peter Stone, Robert Wright, e George Forrest, 1961
- Kean, 1978, unha obra do mes da BBC con Anthony Hopkins
- Kean, 1983, unha biografía de YTV con Ben Kingsley
- Kean IV, unha traxicomedia de Grigoriy Gorin, 1991
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edmund Kean |
Bibliografía
editar- Francis Phippen, Authentic memoirs of Edmund Kean, containing a specimen of his talent at composition (Londres, 1814)
- B. W. Procter, The Life of E. K. (Londres, 1835)
- Frederick William Hawkins, The life of Edmund Kean (Tinsley Brothers, Londres, 1869)
- George Henry Lewes, On Actors and the Art of Acting (Smith Elder, Londres, 1875)
- Henry Barton Baker Our Old Actors, (R. Bentley & Son, Londres, 1881)
- Edwin Booth, "Edmund Kean," en Actors and Actresses of Great Britain and the United States from the days of David Garrick to the present time, editado por Brander Matthews e Laurence Hutton, volume iii (Cassell & Co., Noeva York, 1886)
- Joseph Fitzgerald Molloy, The Life and Adventures of Edmund Kean, Tragedian, 1787-1833 (Downey & Co. Limited, Londres, 1897)
- Edward Stirling, Old Drury Lane: Fifty Years' Recollections of Author, Actor, and Manager (Chatto and Windus, Londres, 1887).
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Familia Graves, (en inglés)