Ecos del Arenteiro

Ecos del Arenteiro foi un semanario editado no Carballiño entre 1915 e 1920.

Ecos del Arenteiro

Editar o valor en Wikidata
Na rede
Galiciana: 3863
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Primer periódico de Carballino, apareceu a principios de xaneiro de 1915.[1] Dirixido por José María Beltrán Carbajal, editábase na imprenta Noticiero del Avia de Ribadavia. Era un órgano conservador (bugallalista) e fixo campaña polo deputado do distrito Leopoldo García Durán. Suspendeu a súa publicación por reformas en abril de 1918, para reanudala pouco despois.[2] Algúns autores fixan a súa desaparición en 1920.

  1. El Eco de Santiago, 5-1-1915, p. 2.
  2. Centro Gallego, 31-5-1918, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar