Ecos Vegadenses, subtitulado "periódico quincenal independente" foi unha publicación quincenal editada na Veiga (Asturias) entre 1924 e 1938, fundada por Álvaro Fernández Suárez e Eustaquio Lago Galán.

Traxectoria editar

O primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1924, e durante os dous primeiros anos saía do prelo do semanario Las Riberas del Eo, de Ribadeo, e os seguintes na imprenta de Sucesores de Mancebo, en Mondoñedo. Cada número tiña dúas follas (catro páxinas), de tamaño variable ao longo da súa existencia, dedicándose a última á publicidade. Realizou algúns números extraordinarios en apoio da campaña a favor de que o ferrocarril Xixón-Ferrol pasase pola vila. Ao pouco tempo da súa posta en marcha Fernández Suárez marchou a Madrid e Eustaquio quedou como o máximo responsable, aínda que Álvaro Fernández continuou tamén a codirixir o xornal desde Madrid[1]. A lingua da publicación era o castelán pero o galego estaba presente desde o primeiro número, onde xa aparecía un poema de Antolín Santos Mediante, autor que foi un colaborador habitual do xornal, tanto en galego como en castelán asinando co seu nome e como "Un poeta de tres ó carto" e "AESEEME"[2]. Outros colaboradores con poemas en galego son Nan de Allariz, Conrado Villar, Federico Magadán[3] ou do propio Álvaro Fernández Suárez. En galego tamén aparecían colaboracións en prosa de Herminio García Allande e de Eustaquio Lago [4].

Notas editar

  1. "Casteleiro Oliveros, Luis "Álvaro Fernández Suárez", Vivir Asturias, 25 de febreiro de 2010". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Babarro, González, X. "Escolma da Obra de Antolín S. Mediante" Britonia nº 1, Eilao (Asturias), 1995, pp. 11-71.
  3. Ramos Corrada, Miguel (2002) Historia de la lliteratura asturiana, ALLA, p. 735
  4. Suárez Fernández, Xosé Miguel "Sobre úa poesía del veigueño Antonio Cuervo y os empezos da lliteratura en gallego-asturino" in Actes del I Conceyu Internacional de Lliteratura Asturiana, ALLA, 2002, p. 409

Véxase tamén editar

Bibliografía editar