Nan de Allariz
Alfredo Fernández, coñecido como Nan de Allariz, nado en Xinzo de Limia o 13 de maio de 1875 e finado en Madrid a finais de maio de 1927, foi un escritor galego.
Nan de Allariz | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Nan de Allariz |
Nacemento | 13 de maio de 1875 |
Lugar de nacemento | Xinzo de Limia |
Falecemento | maio de 1927 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Emigrou á Arxentina onde se dedicou ao comercio. Foi colaborador de El Eco de Galicia destacando como poeta e dramaturgo. Regresou a España, concluíu os estudos de Bacharelato e iniciou a carreira de Dereito. Logo de facer un periplo por varias capitais americanas como actor e autor teatral, chegou a Cuba en 1904.
Na Habana foi nomeado secretario da sección de propaganda do Centro Gallego e secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Foi director da Compañía de Esperanza Iris nos seus primeiros tempos e administrador do Teatro Nacional da Habana, dependente do Centro Galego[1]. En 1914 fundou na Habana o periódico O Tío Marcos. Ademais do seu labor xornalístico, foi propietario das fábricas de tabaco La Flor de Lis e Galatea.
Destacou tamén como compositor musical de zarzuelas, pezas costumistas e operetas, como Sangre vienesa. Foi autor da zarzuela O zoqueiro de Vilaboa: boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros.
Abandonou Cuba arredor de 1920 e regresou a España, instalándose en Madrid e traballando nun teatro. Alí morreu en maio de 1927.
Obra Editar
- Recordos de un vello gaiteiro. Monólogo en verso gallego, 1904 (teatro)
- O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros con música do autor, 1907 (zarzuela)
- Fume de palla, 1909 (poesías)
- A golpe de hacha, 1913 (poemario en castelán)
- Del salón al sotabanco, 1920 (narrativa en castelán)
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 75–81. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6 de novembro de 2013.