Economía de Lituania

A agricultura de Lituania foi tradicionalmente a base da economía do país. Pero a partir da década de 1940 industrializouse moi rapidamente, malia que a agricultura aínda é importante ( arredor dunha quinta parte [Cómpre referencia] da poboación activa co 53,9% da terra é de cultivo, mentres o 30,4% son bosques e o 7,6% pastos). Tamén é bastante importante a gandería.

Economía de Lituania
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OSCE
Datos estatísticos[1]
PIB 61,6 mil millóns (2011)
Posición do PIB 86ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5,9% (2011)
PIB per cápita $ 19.100 (2011)
PIB por sector agricultura 3,3%, industria 28,5%, comercio e servizos 68,2% (2011)
Inflación 4,1% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.620.000 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 14%, industria 29,1%, comercio e servizos 56,9% (2005)
Desemprego 15,4% (2011)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 28,06 mil millóns (2011)
Produtos de exportación minerais 22%, máquinas e equipamentos 10%, produtos químicos 9%, téxtiles 7%, alimentos 7%, plásticos 7%
Principais mercados Rusia 15,6%, Letonia 9,7%, Alemaña 8,9%, Polonia 6,7%, Estonia 6,3%, Países Baixos 5,8%, Belarús 4,8% (2011) (2011)
Importacións 30,17 mil millóns (2011)
Principais produtos importados minerais, máquinas e equipamentos, equipamentos de transporte, produtos químicos, téxtiles e roupas, metais
Principais mercados Rusia 32,1%, Alemaña 9,6%, Polonia 9%, Letonia 6,5%, Países Baixos 4,8% (2011) (2011)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 31,03 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Economicamente, o país divídese en catro zonas, o leste do país que ten un sector industrial diversificado e en expansión (metalurxía, manufacturas, carpintarías e industria lixeira). A zona sur posúe a metade dos recursos enerxéticos e acuáticos e ten metalúrxicas, manufacturas e producións alimentarias (sobre todo pola gandería e a plantación de acelga-rabanete). O norte de Lituania ten pouca industria pero é unha importante zona granxeira (cereais e acelga rabanete). A zona Oeste é máis coñecida polos estaleiros, reparación de barcos e pesca.

A pesar de ser membro da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004, o seu comercio co países do Leste de Europa representa unha parcela crecente do total.

Notas editar

  1. "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2012. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar