Ecgric de Anglia Oriental

rei de Anglia Oriental até 636

Ecgric, finado circa 636, foi un rei de Anglia Oriental, o reino anglosaxón independente que hoxe inclúe os condados ingleses de Norfolk e Suffolk.

Infotaula de personaEcgric de Anglia Oriental
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte636 Editar o valor em Wikidata
King of East Anglia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaWuffingas Editar o valor em Wikidata
PaiRaedwald de Anglia Oriental e Eni de Anglia Oriental Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era un membro da gobernante dinastía dos Wuffingas, pero a súa relación con outros membros coñecidos da dinastía non é completamente segura. Anna de Anglia Oriental pode que fose o seu irmán, ou o seu curmán. Tamén se suxeriu que era o mesmo que Æthelric, quen casou con Hereswith e foi o pai de Ealdwulf de Anglia Oriental. A fonte primaria, para o pouco que se sabe sobre a vida de Ecgric, é Beda e a súa obra Historia ecclesiastica gentis Anglorum.

Nos anos que seguiron o reinado de Rædwald e o asasinato do seu fillo (e sucesor) Eorpwald sobre o ano 627, Anglia Oriental perdeu o seu dominio sobre outros reinos anglosaxóns. Tres anos despois do asasinato de Eorpwald a mans dun pagán, Sigeberht, un familiar de Ecgric, regresou do exilio e xuntos gobernaron os anglos orientais, con Ecgric quizais gobernando a parte do norte do reino. Sigeberht deu feito a restablecer o cristianismo en Anglia Oriental, pero Ecgric pode ser que permanecese pagán, xa que Beda enxalza unicamente a Sigeberht polos seus feitos, e é significativo que o seu cogobernante careza del. Ecgric gobernou só despois de Sigeberht retirarse ao seu mosteiro en Beodricesworth sobre o 634: tamén se suxeriu que era un subrei que só se converteu en rei despois da abdicación de Sigeberht. Ambos os dous Ecgric e Sigeberht morreron en batalla ao redor de 636, nunha localización descoñecida, cando Anglia Oriental se viu forzada a se defender dunha agresión militar Mercia liderada polo seu rei, Penda. Ecgric, cuxa tumba pode ser o enterro de barco baixo o Montículo 1 en Sutton Hoo, foi sucedido por Anna.

Lealdades de Anglia Oriental editar

 
Os principais reinos anglosaxóns.

Após 616, Rædwald, quen gobernou Anglia Oriental durante o primeiro trimestre do sétimo século, era o máis poderoso dos reis anglosaxóns do sur.[1] Nas décadas seguintes, desde o reinado de Sigeberht en adiante, Anglia Oriental foi cada vez máis dominada por Mercia. Eorpwald, o fillo de Raedwald, foi asasinado por un pagán nobre pouco despois de ser bautizado ao redor de 627, despois de Anglia Oriental volver ao paganismo durante tres anos.[2] No baleiro deixado pola morte de Rædwald, o primeiro bretwalda que procedía do norte do Támese, o pagán Penda de Mercia, apareceu para retar o preeminencia do novo líder (ou bretwalda), Edwin de Northumbria.[3] A reversión de Anglia Oriental ao goberno do do sucesor de Eorpwald, o pagán Ricberht, posibelmente debido a influencia mercia, temporalmente derrubou un importante piar da autoridade de Edwin.[4]

En contraste, dous fillos do irmán de Rædwald, Eni, que estaban ansiosos de renovar as súas alianzas cristiás, contraeron matrimonios diplomáticos durante este período: Anna, quen se ía converter nun devoto gobernante cristián, casou cunha muller con orixes saxoas orientais e o seu irmán Æthelric casou cunha princesa northumbria, Hereswitha, que era sobriña-neta de Edwin de Northumbria. Este matrimonio pretendía probabelmente reforzar a conversión de Anglia Oriental ao cristianismo.

Identidade dos Wuffingas editar

Ecgric era un membro da familia real dos Wuffingas, pero a súa liñaxe exacta é descoñecida, pois a única información que teñen os historiadores é a de Beda, quen o cita como cognatus ('familiar') de Sigeberht.[5] O historiador inglés do século XII Guillerme de Malmesbury contradí a Beda, expondo que Sigeberht era fillastro de Rædwald. O nome Sigeberht non é anglo oriental, senón de orixe franca.[6] Rædwald puido ter exiliado o seu fillastro, coa fin de protexer a herdanza do seu fillo Ecgric, quen era da súa propia liñaxe de sangue.[7]

Sam Newton suxeriu que Ecgric de feito pode ser o mesmo que o fillo de Eni: Æthelric, cuxos descendentes se converteron en reis de Anglia Oriental. Ealdwulf o fillo de Æthelric gobernou desde aproximadamente o 664 ata 713.[8] Tras a morte de Ecgric, outros tres fillos de Eni gobernaron sucesivamente antes de Ealdwulf, un sinal de que a liña de Raedwald estaba extinta. O matrimonio de Æthelric con Hereswith suxire que se esperaba que gobernase Anglia Oriental e que puido ser promovido por Edwin antes de 632. Æthelric morreu aparentemente por 647, momento no que xa Anna gobernaba e Hereswith fora ás Galias para levar unha vida relixiosa.[9] Por tanto argumentouse que Æthelric e Ecgric eran de feito a mesma persoa, unha suxestión que disputa a historiadora Barbara Yorke, quen anota que os dous nomes son demasiado distintos para seren compatíbeis.[10]

Ecgric/Æthelric situado como o fillo de Rædwald ou como fillo de Eni

 
 
 
 
 
 
 
 
Tytila
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
?
 
Rædwald
 
 
 
 
 
 
 
?
 
 
 
 
 
 
 
Eni
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rægenhere
 
Eorpwald
 
Ecgric
 
Sigeberht
 
 
 
Ecgric
 
Anna
 
Æthelhere
 
Æthelwold
 

Reinado conxunto editar

O fillo (ou fillastro) de Rædwald Sigeberht renovou o dominio cristián en Anglia Oriental despois de regresar como cristián desde o exilio nas Galias (ao que o enviara Rædwald). A súa toma do poder puido implicar unha conquista militar.[11] O seu reinado foi dedicado á conversión do seu pobo, o establecemento da sede de Dommoc como o bispado de Fiz de Borgoña, a creación dunha escola de letras, a doazón dun mosteiro para Fursey e a construción do primeiro mosteiro de Beodricesworth (Bury St. Edmunds), todo feito en aproximadamente catro anos.[12]

Durante polo menos parte do reinado de Sigeberht, Ecgric gobernou conxuntamente con el sobre parte do reino de Anglia Oriental.[13] Nunha pasaxe en Beda (Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum), que describe as razóns para a abdicación de Sigeberht, tamén se menciona a Ecgric:

Tantumque rex ille caelestis regni amator factus est, ut ad ultimum, relictis regni negotiis, et cognato suo Ecgrice commendatis, qui et antea partem eiusdem regni tenebat, intraret monasterium, quod sibi fecerat, atque accepta tonsura pro aeterno magis regno militare curaret.
"Este rei converteuse nun tan gran amante do reino celestial, que deixando os asuntos da súa coroa, e deixándollos ao seu familiar Ecgric, quen antes gobernara unha parte daquel reino, foise a un mosteiro, que construíra para si, e tendo recibido o tonsura, aplicouse máis para gañar o reino eterno"[14]

Segundo Richard Hoggett, a práctica de ser gobernado por máis dunha persoa puido ser un feito común en Anglia oriental, como tamén sucedera nos reinos anglosaxóns de Kent e Northumbria. Ecgric e mais Sigeberht puideron ter gobernado conxuntamente as xentes de North-folk e South-folk que vivían nas terras que, máis tarde, devirían nos condados de Nortfolk.[15] Non obstante, Carver sinalou que Ecgric quiziais non reinase conxuntamente con Sigeberht, senón que seguramente, só gobernaria como vierrei ou como administrador dunha rexión baixo a hexemonía de Anglia oriental, e só se convertera en rei de anglia Oriental con posterioridade á abdicación de Sigeberht.[16]

En contraste con Sigeberht, Ecgric parece para ter ficado como pagán. Seguindo a D. P. Kirby, non hai ningunha evidencia do seu bautismo ou de que promovese o cristianismo en Anglia oriental e afirmou que, en Beda, tampouco se atopou ningunha referencia que indicase que fose cristián; contrariamente ás loas que lle adicou o propio Beda a Sigeberht polos seus azos para estabelecer o cristianismo no reino.[17]

O reinado despois da abdicación de Sigeberht editar

En 633, os reinos cristiáns sufriron dúas fortes eivas. Por unha banda, Edwin de Northumbria morreu a mans de Penda de Mercia e Cadwallon ap Cadfan e, por outra, a retirada da casa do bispado de Edwin de York a Kent.[18] Após 633, a situación de Northumbria estabilizouse baixo Oswald de Northumbria, e Anglia oriental compartiu con Northumbria os beneficios das misións irlandesas de Fursey e Aidan de Lindisfarne. Sigeberht exercía a protección de Fursey e quizais pouco despois da súa chegada, foi cando Sigeberht abdicou e se retirou ao mosteiro de Beodricesworth (actual Abadía de St. Edmunds). A súa abdicación, que non se pode datar, deixou a Ecgric gobernando en solitario aos anglos orientais.[19] Ecgric, segundo Plunkett, gobernou, polo tanto, un reino que que fora "evanxelizado no espírito unido das Igrexas romana e irlandesa", e engadiu que Fiz respectaría as ensinanzas do misioneiros irlandeses a pesar da súa forte fidelidade a Canterbury.[20]

Morte editar

Após Ecgric levaba só dous anos no goberno, Anglia Oriental foi atacado por un exército de Mercia, liderado por Penda. Adoita aceptarse que a invasión se producira polo 636; malia isto, Kirby suxire que se podería ter producido nunha data tan tardía como o 641.[21] Ecgric estaba o suficientemente preparado como para ser quen de reunir un exército, descrito por Beda como optimus ou espléndido.[22] Ao se decataren de seren inferiores na batalla fronte aos mercianos, endurecidos pola guerra, e lembrando que Sigeberht fora unha vez o seu líder máis vigoroso e distinguido, os anglos orientais instáronlle a dirixilos na batalla, coa esperanza de que a súa presenza os animase a non fuxir dos mercianos. Aínda que Seghberth se negou por mor da súa vocación relixiosa, foi levado contra a súa vontade ao campo de batalla; malia a todo, rexeitou portar armas e, así, foi morto en batalla.[15] Écgric tamén foi asasinado durante a batalla e moitos dos seus compatriotas morreron ou foron postos en fuga. Descoñécese a localización do lugar da batalla na que os anglos orientais foron derrotados e o seu rei foi asasinado, pero pódese presumir que estivo preto da fronteira occidental do reino cos anglos medios.[15]

Ecgric é un posible candidato, así como Rædwald, Eorpwald e Sigeberht, para ser o posible rei de Anglia Oriental que foi enterrado no Montículo 1 en Sutton Hoo.[23] Rupert Bruce-Mitford suxire que é improbable que a sucesora de Ecgric, Anna, unha cristiá devota, lle dese un enterro na nave pero non desbota, por completo, a posibilidade.[24]

Notas editar

  1. Hoggett (2010), p. 28-29.
  2. Yorke (1990), p. 62.
  3. Kirby (2000), p. 55.
  4. Plunkett (2005), p. 97-99.
  5. Yorke (1990), p. 69.
  6. Segundo Beda, Sigeberht era fillo de Rædwald
  7. Plunkett (2005), p. 72.
  8. Hoggett (2010), p. 25.
  9. Hunter Blair (1985), p. 6.
  10. Yorke (1990), p. 68.
  11. Plunkett (2005), p. 100.
  12. Plunkett (2005), pp. 100-106.
  13. Ecclesiastical History, Book III, Chapter 18.
  14. Beda:Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum, III, 18
  15. 15,0 15,1 15,2 Hoggett (2010), p. 32.
  16. Carver (2006), p. 6.
  17. Kirby (2000), p. 67.
  18. Lapidge (2001), p. 164.
  19. McClure & Collins (1999), p. 392, nota 138.
  20. Plunkett (2005), p. 105.
  21. Kirby (2000), p. 74.
  22. Plunkett (2005), p. 106.
  23. Bruce-Mitford (1975), p. 63,99.
  24. Bruce-Mitford (1975), p. 101.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar