ETB 3 é a terceira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle naceu o 10 de outubro de 2008 coincidindo co vixésimo quinto aniversario de Radio Euskadi, emite unha programación íntegra en éuscaro e exclusivo da Televisión Dixital Terrestre, aínda que, emite este sinal a empresa de telecomunicacións Euskaltel.

ETB 3
Inicio das emisións 10 de outubro de 2008
Propiedade de Euskal Telebista
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 0,9% (decembro de 2012, TNS)
País España España
Lingua Éuscaro
Área de emisión País Vasco País Vasco
Pireneos Atlánticos
Canle/s irmá(s) ETB 1
ETB 2
ETB 4
ETB HD
ETB Sat
Canal Vasco

Na rede
www.eitb.eus

Programación

editar

A oferta da canle é infantil e xuvenil, ofrecendo múltiples series de animación e de ficción xuvenil procedentes na súa maioría do programa Betizu. Ademais emite espazos de carácter cultural, tanto espazos divulgativos como documentais e programas de produción propia como Trikitraka Trikitron ou Txirrita. A cadea pretende fidelizar ao público novo á televisión pública do País Vasco, cunha oferta similar a outras canles da mesma temática como Canal Super 3 en Cataluña.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar