EDAR de Punta Avarenta
Coordenadas: 43°26′13″N 8°17′41″O / 43.43684, -8.29482
A EDAR de Punta Avarenta é unha estación depuradora de augas residuais construída en Ares pola Xunta de Galicia para o tratamento das augas residuais dos concellos do sur da ría de Ferrol: Ares, Fene e Mugardos. O lado norte da ría é cuberto pola EDAR de Cabo Prioriño.
EDAR de Punta Avarenta | |
---|---|
![]() | |
Acceso | |
Concellos | Ares, Mugardos e Fene |
Construción | Copasa, Taboada y Ramos |
Inauguración | 2014 |
Poboación | 52.000 habitantes |
Xestión | UTE EDAR Ares-Fene |
Propiedade | Xunta de Galicia |
Tipoloxía | Pretratamiento: Rototamiz e desareado-desengraxado. Tratamento secundario por lamas activadas. Tratamento avanzado: Eliminación de nutrientes (nitróxeno e fósforo). Desinfección por cloración. Línea de lamas: Espesador e centrífuga. |
Verte ao | Océano Atlántico |
Estacións de bombeo | As Cagallas |
Páxina web |
DescriciónEditar
A EDAR de Punta Avarenta custou 87 216 849,5 euros e as obras iniciáronse en decembro de 2008[1] nunha parcela de 20.000 metros cadrados. A construción durou catro anos. Ten capacidade para o tratamento equivalente a 52.000 habitantes. A rede de saneamento de 37 quilómetros está composta por cinco pozos de bombeo e 23 tanques de tormenta[2].