EDAR de Bens
A EDAR de Bens é unha estación depuradora de augas residuais xestionada polo Concello da Coruña que trata as augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros e Culleredo.
EDAR de Bens | |
---|---|
Vista xeral | |
Concellos | A Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo |
Construción | UTE Cadagua-Ferrovial Agromán |
Inauguración | 14 de marzo de 2011 |
Poboación | 360.719 habitantes (2010) |
Xestión | Cadagua S.A. |
Propiedade | Concello da Coruña |
Tipoloxía | Depuradora biolóxica por lamas activadas na modalidade de carga media, con decantación primaria e secundaria lamelar. Dixestión anaerobia e deshidratación centrífuga. Desinfección por radiación ultra violeta. |
Verte ao | Océano Atlántico |
Estacións de bombeo | |
Páxina web |
Descrición
editarConstruída preto da cala de Bens, entre o océano e o monte, escaváronse dous millóns de metros cúbicos de rochas e terra.
O seu funcionamento está baseado en varias etapas e procesos[1]:
- Pretratamento: para eliminación do material máis groso empregando filtros e grellas.
- Desareador: eliminación de areas.
- Tratamento primario: separación física de sólidos en suspensión, graxas e aceites empregando solidificantes.
- Tratamento secundario: eliminación da materia orgánica empregando microorganismos que a asimilan para posteriormente ser retirados por decantación en forma de lamas.
- Tratamento terciario: depuración por floculación e filtración dos restos orgánicos que non foron eliminados, xunto cos compostos de nitróxeno e fósforo.
Para a eliminación de bacterias a planta emprega luz ultravioleta. Tamén se fai un aproveitamento do bio gas que se xera durante os procesos.
O custo da EDAR foi de 97 millóns de euros máis outros 18 millóns de euros para construír o emisario submarino. A obra foi pagada nun 85% pola Xunta de Galicia (Augas de Galicia) e o outro 15% pola Unión Europea. Ten pola liña costeira un paseo peonil e polo lado do monte construirase a ampliación do paseo marítimo. Nos primeiros recibos do ano 2013 pasouse a cobrar aos veciños polo servizo da depuradora[2].
Emisario submarino
editarO emisario submarino mide 810 metros, 560 m baixo terra e outros 250 m baixo o fondo mariño. Na parte final, en contacto co océano, as augas tratadas saen por 14 bocas situadas a unha profundidae de 32 metros[3]. A obra do emisario custou 18 millóns de euros.