Dunkin' (coñecido como Dunkin' Coffee en España), chamada anteriormente Dunkin' Donuts, é unha cadea multinacional de franquías de tipo cafetaría especializadas en dónuts, fundada por William Rosenberg en 1950 en Quincy, Massachusetts, nos Estados Unidos.

Dunkin'

Tenda de Dunkin' en Berlín, Alemaña.
TipoPrivada
Fundación1950
MatrizDunkin' Brands, Inc.
Localización130 Royal Street, Canton, Massachusetts, Estados Unidos
FundadorWilliam Rosenberg
IndustriaGastronomía
Número de empregados~ 120 000

A oferta principal das cafetarías da marca baséase no café e nos dónuts, as cales se ofrecen en multitude de sabores e con coberturas de cores chamativas. Co tempo, a marca foi ampliando a súa gama de produtos, chegando a ter a día de hoxe granizados, xeados, refrescos, , sándwiches, zumes ou aperitivos.

A competencia directa de Dunkin' na maioría dos países xeralmente é Starbucks Coffee.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar