Dumnagual III de Alt Clut

rei de Strathclyde

Dumnagual III (en galés: Dyfnwal ap Tewdwr), finado en 760 foi un rei de Strathclyde a mediados do século VIII (probablemente 754–760). Segundo as Xenealoxías de Harleian, era o fillo de Teudebur, un dos seus predecesores.[1]

Modelo:BiografíaDumnagual III de Alt Clut
Biografía
Morte760 Editar o valor en Wikidata
List of kings of Strathclyde (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEugein II of Alt Clut Editar o valor en Wikidata
PaiTeudebur de Alt Clut Editar o valor en Wikidata

Segundo Simeón de Durham, o seu reino foi invadido polo rei Óengus I dos pictos e polo rei Eadberht de Northumbria. A mesma fonte indica que o 1 de agosto de 756, chegaron a Alt Clut (Dumbarton Rock, a capital de Dumnagual) e obtivo a homenaxe dos britanos. Porén, nove días despois, o exército do rei de Northumbria foi destruído mentres Eadberht o lideraba entre "Ouania" e "Niwanbirig",[2] probablemente "Govan" e os "anglos de Northumbria".[3] Dumnagual é considerado polo xeral como o rei de Alt Clut neste período, pero tamén se suxeríu que o destrutor do exército de Northumbria foi Óengus.[4] A reconstrución de Phillimore de Annales Cambriae situou a morte de Dumnagual en batalla en 760.[5] Crese que o territorio de Alt Clut permaneceu baixo dominio picto ou baixo control anglo nos anos posteriores á súa morte.[6] Dumnagual é o derradeiro rei britano de Alt Clut do que se coñece algo máis que o nome até finais do século IX.

  1. "Harleian genealogy of the Kings of Alt Clut".
  2. Simeón de Durham, Historia Regum Angliae, in T. Arnold (ed.) Symeonis Dunelmensis Opera Omnia, (Rolls Series, 1882), vol. ii, pp. 40-41; traducido por Alan Orr Anderson, Scottish Annals from English Chroniclers: AD 500–1286, (Londres, 1908), republished, Marjorie Anderson (ed.) (Stamford, 1991), p. 57.
  3. Thomas Owen Clancy, "Govan, the Name, Again", in Report of the Society of Friends of Govan Old, 8 (1998), pp. 8-13; Kathryn Forsyth, , "Evidence of a Lost Pictish source in the Historia Regum Anglorum of Symeon of Durham", in Simon Taylor (ed.) Kings, Clerics, and Chronicles in Scotland, 500-1297: Essays in Honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the Occasion of Her Ninetieth Birthday, (Dublin, 2000), pp. 19-32; Appendix by John Koch, pp. 33-4; Alex Woolf, "Onuist son of Uurguist:Tyrannus Carnifex or a David for the Picts", in David Hill & Margaret Worthington (eds.), Æthelbald and Off, Two Eighth-Century Kings of Mercia: Papers from a Conference held in Manchester in 2000, (Manchester, 2005), p. 38.

    The English name Niwanbirig suggests a location in English-speaking Northumbria, perhaps one of the many Newburghs there.
  4. Alan MacQuarrie, "The Kings of Strathclyde", in A. Grant & K.Stringer (eds.) Medieval Scotland: Crown, Lordship and Community, Essays Presented to G.W.S. Barrow, (Edinburgh, 1993), p. 11.
  5. Annales Camrbiae, s.a. 760, here
  6. Alan MacQuarrie, loc. cit.