Duje Dukan
Duje Dukan, nado o 4 de decembro de 1991 en Split, é un xogador profesional de baloncesto croata con pasaporte estadounidense que xoga no Cáceres Ciudad del Baloncesto da Liga LEB Ouro.
Cáceres Ciudad del Baloncesto – No. 13 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1991 (32 anos) Split |
Nacionalidade | Croacia Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Liga | LEB Ouro |
Información da carreira | |
Instituto | Deerfield (Deerfield, Illinois) |
Universidade | Wisconsin (2010–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: Sen draftear |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2015–2016) → Reno Bighorns (2015–2016) Cedevita Zagreb (2016–2017) Windy City Bulls (2017–2018) Fort Wayne Mad Ants (2018) Oklahoma City Blue (2018) Capital City Go-Go (2019) Estudiantes (2019–2020) AB Castelló (2020–2021) Cáceres CB (2021–presente) |
Traxectoria profesional editar
Tras non ser seleccionado no Draft da NBA de 2015, Dukan uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2015.[1] O22 de xullo de 2015, Dukan asinou cos Kings.[2] O seu debut na NBA tivo que agardar ata o derradeiro partido da tempada dos Kings, o 13 de abril de 2016, onde fixo seis puntos e catro rebotes na derrota por 116–81 contra os Houston Rockets. O 4 de xullo de 2016, foi cortado polos Kings.[3]
O 3 de agosto de 2016, Dukan asinou un contrato de tres anos co KK Cedevita croata.[4] En xaneiro de 2017 deixou o equipo de mutuo acordo.[5]
O 19 de xullo de 2019, Dukan asinou unha tempada co CB Estudiantes da Liga ACB.[6] Na súa única tempada na ACB, acadou 4.7 puntos e 1.8 rebotes por encontro.
O 8 de agosto de 2020, Dukan asinou co AB Castelló da Liga LEB Ouro.[7]
Notas editar
- ↑ Marmolejo, Erika (1 de xullo de 2015). "Get To Know: Kings Summer League Team". NBA.com. Consultado o 1 de xullo de 2015.
- ↑ "Kings Sign Quincy Acy, Seth Curry and Duje Dukan". NBA.com. 22 de xullo de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2015.
- ↑ Washburn, Nate (4 de xullo de 2016). "Sign of the times: Kings waive Butler, Dukan". SacKings.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2016.
- ↑ "Duje Dukan 3 godine u KK Cedeviti". www.kkcedevita.hr. 3 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016.
- ↑ "Duje Dukan više nije igrač KK Cedevite". 26 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Duje Dukan signs with Estudiantes". Sportando. 19 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ "Duje Dukan joins Tau Castellon". Sportando. 8 de agosto de 2020. Consultado o 8 de agosto de 2020.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en FIBA.com Arquivado 18 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)