Aimee Anne Duffy, nada en Gwynedd o 23 de xuño de 1984, é unha cantante e compositora galesa, máis coñecida coma Duffy. O seu estilo de música inspírase no neo soul.

Duffy
Nome completoAmie Ann Duffy
Nacemento23 de xuño de 1984
Lugar de nacementoBangor
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Chester
Ocupacióncantante, compositora de cancións, compositora, actriz de cinema e cantautora
Na rede
https://www.iamduffy.com/
IMDB: nm2921190 Allocine: 757719 Rottentomatoes: celebrity/duffy Allmovie: p606708 Metacritic: person/duffy
Facebook: Duffy Instagram: duffy MySpace: 17061629 Souncloud: duffy-official Spotify: 37NqXwtb6nIEqRt4EJSoIO iTunes: 272521020 Last fm: Duffy Musicbrainz: 2c4dae8c-e591-49e0-9c5a-62b310a15788 Songkick: 321361 Discogs: 79081 Allmusic: mn0000992857 Genius: Duffy Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasou a súa infancia en Gales. Con dez anos e trala separación dos seus pais, mudouse coa súa nai e as súas irmás a Pembrokeshire, ao sur do país. Aos quince anos, trasladouse a Nefyn, onde comezou a cantar en bandas locais.

A súa voz tan característica débese a un golpe no nariz que unha das súas irmás lle deu cando era cativa.

No ano 2003 deu o grande salto ao público local cando se presentou a Wawffactor, versión galesa alternativa de Pop Idol emitida na canle S4C, onde quedou en segundo lugar. Posteriormente, marchou a Inglaterra e continuou os seus estudos en varios colexios maiores. Durante a súa estancia na Universidade de Chester comezou a cantar nun club local de jazz e blues. Alí gravou tres EPs e colaborou con outros grupos coma Mint Royale, desenvolvendo a súa carreira musical e comezando a traballar con outros artistas ingleses un ano despois.

En 2007 asinou un contrato coa discográfica A&M Records coa que gravou varios temas do que sería posteriormente o seu disco, Rockferry. O traballo tivo boa aceptación entre a crítica e Duffy realizou unha serie de actuacións en varios programas da segunda canle de televisión da BBC, sendo descrita coma unha das promesas emerxentes de 2008. O 3 de marzo dese mesmo ano editou o seu primeiro disco Rockferry no mercado británico e europeo baixo o selo discográfico Polydor. O seu primeiro single, Mercy, converteuse en número un de descargas semanas antes do lanzamento, chegando a ser un grande éxito a nivel europeo. En cinco semanas, o álbum vendeu máis dun millón de copias en toda Europa.

En 2008, editou Rockferry: Deluxe Edition, con sete temas novos. O primeiro single desta versión foi Rain on your Parade. Asemade, editou varios EP, un deles, Aimee Duffy, foi número un nas listas de vendas de Gales e está interpretado en galés.

Na gala dos premios Brit Awards de 2009 acadou os premios de Mellor álbum, Mellor artista feminina e Mellor artista revelación.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar