Dualidade onda-corpúsculo

(Redirección desde «Dualidade onda partícula»)

A dualidade onda-corpúsculo, tamén chamada dualidade onda-partícula, postula que todas as partículas presentan propiedades de onda e de partícula.[1] Máis especificamente, como partículas poden presentar interaccións moi localizadas e como ondas exhiben o fenómeno da interferencia.[2]

Imaxe ilustrativa da dualidade onda-partícula, na cal se pode ver como un mesmo fenómeno pode ter dúas percepcións distintas.

De acordo coa física clásica existen diferenzas entre onda e partícula. Unha partícula ocupa un lugar no espazo e ten masa mentres que unha onda esténdese no espazo caracterizándose por ter unha velocidade definida e masa nula.

Actualmente considérase que a dualidade onda-partícula, en palabras de Stephen Hawking, é un “concepto da mecánica cuántica segundo o cal non hai diferenzas fundamentais entre partículas e ondas: as partículas poden comportarse como ondas e viceversa”.[3]

Este é un feito comprobado experimentalmente en múltiples ocasións.[4] Foi introducido por Louis-Victor de Broglie, físico francés de comezos do século XX.[5] En 1924, na súa tese de doutoramento propuxo a existencia de ondas de materia, é dicir que toda materia tiña unha onda asociada a ela.[6] Esta idea revolucionaria, fundada na analoxía coa que a radiación tiña unha partícula asociada, propiedade xa demostrada entón, non espertou grande interese, malia o acertado dos seus supostos, xa que non tiña evidencias de que realmente se producise. Porén, Einstein recoñeceu a súa importancia e cinco anos despois, en 1929, De Broglie recibiu o Nobel de Física polo seu traballo.[7]

O seu traballo dicía que a lonxitude de onda da onda asociada á materia era


onde é a constante de Planck e é o momento linear da partícula de materia.[6]

Notas

  1. "Davisson-Germer Experiment". hyperphysics.phy-astr.gsu.edu. Consultado o 2023-08-25. 
  2. Young, Thomas (1804). "The Bakerian Lecture: Experiments and Calculations Relative to Physical Optics". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 94: 1–16. ISSN 0261-0523. 
  3. Hawking, Stephen (2016-02-01). O universo numa casca de noz (en portugués). Editora Intrinseca. ISBN 978-85-8057-889-8. 
  4. Aspect, Alain; Dalibard, Jean; Roger, Gérard (1982-12-20). "Experimental Test of Bell's Inequalities Using Time-Varying Analyzers". Physical Review Letters 49 (25): 1804–1807. doi:10.1103/PhysRevLett.49.1804. 
  5. Pais, Abraham (1982-09-23). Subtle is the Lord : The Science and the Life of Albert Einstein: The Science and the Life of Albert Einstein (en inglés). Oxford University Press, USA. ISBN 978-0-19-152402-8. 
  6. 6,0 6,1 "Louis de Broglie e as ondas da matéria" (PDF). www.ghtc.usp.br. 
  7. "The Nobel Prize in Physics 1929". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2023-08-25. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

----

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.