Abrir o menú principal

Dualidade onda-corpúsculo

Imaxe ilustrativa da dualidade onda-partícula, na cal se pode ver como un mesmo fenómeno pode ter dúas percepcións distintas.

A dualidade onda-corpúsculo, tamén chamada dualidade onda-partícula, postula que todas as partículas presentan propiedades de onda e de partícula. Máis especificamente, como partículas poden presentar interaccións moi localizadas e como ondas exhiben o fenómeno da interferencia.

De acordo coa física clásica existen diferenzas entre onda e partícula. Unha partícula ocupa un lugar no espazo e ten masa mentres que unha onda esténdese no espazo caracterizándose por ter unha velocidade definida e masa nula.

Actualmente considérase que a dualidade onda-partícula é un “concepto da mecánica cuántica segundo o cal non hai diferenzas fundamentais entre partículas e ondas: as partículas poden comportarse como ondas e viceversa”. (Stephen Hawking, 2001)

Este é un feito comprobado experimentalmente en múltiples ocasións. Foi introducido por Louis-Victor de Broglie, físico francés de comezos do século XX. En 1924, na súa tese de doutoramento propuxo a existencia de ondas de materia, é dicir que toda materia tiña unha onda asociada a ela. Esta idea revolucionaria, fundada na analoxía coa que a radiación tiña unha partícula asociada, propiedade xa demostrada entón, non espertou grande interese, malia o acertado dos seus supostos, xa que non tiña evidencias de que realmente se producise. Porén, Einstein recoñeceu a súa importancia e cinco anos despois, en 1929, De Broglie recibiu o Nobel en Física polo seu traballo.

O seu traballo dicía que a lonxitude de onda da onda asociada á materia era


onde é a constante de Planck e é o momento linear da partícula de materia.