Du Mu
Du Mu (chinés tradicional e simplificado: 杜牧, pinyin: Dù Mù; Wade-Giles: Tu4 Mu4), nado en Chang'an (actual Xi'an) no ano 803 e finado na mesma cidade en 852, foi un escritor chinés da dinastía Tang. Poeta lírico a miúdo inspirado por cortesás, servíase da Historia para falar da súa época.
Du Mu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 803 |
Lugar de nacemento | Changan |
Falecemento | 852 |
Lugar de falecemento | Changan |
Soterrado | Wannian |
Nacionalidade | Dinastía Tang |
Etnia | Pobo han |
Ocupación | escritor, poeta e calígrafo |
Pai | Du Congyu |
Fillos | Du Xunhe, Du Chengze, Du Huici e Du Dexiang |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aprobou o exame jinshi en 827 e ocupou varios postos oficiais, pero nunca chegou a ter un alto cargo por mor dos seus inimigos.
Tivo moito éxito como poeta e cultivou a prosa. Escribiu tamén grandes poemas narrativos, un comentario de Arte da guerra e varias cartes oficiais a altos cargos. Estivo moi influenciado por Du Fu, Li Bai, Han Yu e Liu Zongyuan.
Adóitaselle asociar con outro poeta, Li Shangyin como os chamados Pequenos Li Du (小李杜), en contraste cos Grandes Li Du: Li Bai e Du Fu.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |