Drama (serie de televisión)

serie de televisión de RTVE

Drama é unha serie de televisión catalá producida por Radio Televisión Española e El Terrat e estreada na plataforma Playz en febreiro de 2020. Con diálogos en catalán e en español, é unha comedia de seis capítulos dirixida principalmente á mocidade. Está protagonizada por Elisabet Casanovas, Artur Busquets e Júlia Bonjoch. Emitiuse en TV3 a partir de xuño do mesmo ano.[1]

Drama
FormatoSerie de televisión
Dirixido porGinesta Guindal
Intérpretes
País de orixeEspaña
Lingua(s)Catalán e castelán
Temporadas1
Episodios6
Produción
Duración25 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixePlayz
Primeiro episodio4 de febreiro de 2020
Derradeiro episodio25 de febreiro de 2020
Na rede
https://www.rtve.es/playz/drama/
IMDB: tt11341924 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento

editar

África, quen vive nun piso compartido, non atopa traballo estábel. Descobre que está embarazada, mais non sabe de quen. A serie explora o que realmente pasou e como África tenta resolver o problema.[2]

Elenco

editar

Episodios

editar
Núm. ep. Título Dirección Data de estrea en Playz Data de estrea en TV3 Audiencia de TV3
1 Yuri Ginesta Guindal 4 de febreiro de 2020 29 de xuño de 2020 [3] 322.000 (13,2%) [3]
2 Quim Ginesta Guindal 4 de febreiro de 2020 29 de xuño de 2020 [3] 261.000 (10,5%) [3]
3 El senyor X Ginesta Guindal 4 de febreiro de 2020 6 de xullo de 2020 [4] 306.000 (13,3%) [4]
4 Eric Ginesta Guindal 11 de febreiro de 2020 6 de xullo de 2020 [4] 232.000 (10,1%) [4]
5 Gorka Ginesta Guindal 18 de febreiro de 2020 13 de xullo de 2020 [5] 305.000 (13,0%) [5]
6 Bárbara Ginesta Guindal 25 de febreiro de 2020 13 de xullo de 2020 [5] 226.000 (10,3%) [5]

Acollida

editar

Joan Burdeus, no diario dixital Núvol, definiu Drama como "un collage de todos os dramas millenials que se levan vendo dende hai 15 anos na televisión anglosaxoa, mais recombinados e estreados na Barcelona da actualidade" e comparouna especialmente con Girls. Engadiu que "é unha serie fantástica porque quen a escribiron fixeron o que lles prestou". [6]

Mònica Planas tamén eloxiou a serie no xornal Ara: “os conflitos están ben trazados, os diálogos semellan espontáneos, fuxiron de estereotipos, é moderna, non ten pretensións moralistas, conecta ben coa xeración millennial, que é para quen está pensada a serie, e logra crear relacións especiais entre os personaxes". [7]

Porén, a abundancia de diálogos en castelán non tivo boa acollida por unha parte da audiencia durante a súa emisión en TV3. De feito, criticouse que a televisión pública de Cataluña cometese unha neglixencia dese tipo, ao tratarse dunha ferramenta de normalización do catalán.[8] Dende a sociolingüística alertouse do perigo que supón para a saúde do catalán a decisión de TV3 de emitir unha serie bilingüe.[9]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar