A Xeración Y, tamén coñecida como Xeración do Milenio, milenial ou Milénica, é a cohorte demográfica que segue á Xeración X. Non hai datas precisas respecto de cando a Xeración Y comeza e remata.[1][2][3] Os comentaristas empregan as datas de nacemento desde 1980 até 1999.[4][5][6]

Etimoloxía

editar

O termo Xeración Y empregouse por primeira vez no editorial de agosto de 1993 da revista estadounidense Advertising Age[7], co obxectivo de describir ós adolescentes daquela época. Definíronos como diferentes ós da Xeración X. Dende entón, a mesma revista referiu en máis dunha ocasión o ano de 1979, como data a partir da cal se pode considerar aos nados dentro desta xeración.[8][9]

A Xeración Y fai alusión á xeración sucesora da Xeración X.

Coma ós membros da Xeración X, influídos pola cadea de televisión MTV, aos nados ao principio da Xeración Y tamén se lles coñece como Xeración MTV.[10][11][12]

Xeración Peter Pan

editar

O sociólogo estadounidense Kathleen Shaputis etiquetara ós milenarios como o bumerang xeracional ou xeración Peter Pan, por mor da tendencia a atrasar algúns ritos na idade adulta por períodos máis longos que as xeracións precedentes. Estas etiquetas tamén foron unha referencia a unha tendencia cara ós membros que viven cos seus pais por períodos máis longos que as xeracións anteriores.[13]

O Dr. Larry Nelson sinalou tamén que algúns mozos do milenio están a atrasar a transición desde a infancia até a idade adulta como resposta a erros cometidos polos seus pais. «En xeracións anteriores, casabas, iniciabas a túa carreira e facíalo inmediatamente. O que a xente nova está a ver hoxe é que ese enfoque levou a divorcios e a xente descontenta coas súas carreiras».[14]

Xeración Y no mundo

editar
  1. "fundeu" (en castellano). 
  2. Horovitz, Bruce (4 de maio de 2012). "After Gen X, Millennials, what should next generation be?". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2012. 
  3. Andrades, Fran (6 de xuño de 2013). "La Generación del Milenio, primera y controvertida encuesta global sobre jóvenes y tecnología". eldiario.es. Consultado o 20 de xullo de 2013. 
  4. Encyclopedia of Identity By Ronald L. Jackson, II (en inglés)
  5. William Strauss, Neil Howe (2000). Millennials Rising: The Next Great Generation. Cartoons by R.J. Matson. Nova York, NY: Vintage Original. p. 370. ISBN 0-375-70719-0. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  6. Generations: The History of America's Future, 1584 to 2069. Harper Perennial. 1991. 
  7. Revista Ad Age
  8. "Generation Y" Ad Age August 30, 1993. p. 16.
  9. Francese, Peter (1 de setembro de 2003). "Trend Ticker: Ahead of the Next Wave". AdvertisingAge. Consultado o 31 de marzo de 2011. Today's 21-year-olds, who were born in 1979 and are part of the leading edge of Generation Y, are among the most-studied group of young adults ever. 
  10. Silverman, Stephen M. (15 de xaneiro de 2002). "Colin Powell Joins MTV Generation – Colin Powell". People.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  11. Tahman Bradley (29 de outubro de 2007). "Obama Unplugged – Obama Talks With the MTV Generation – Political Radar". Blogs.abcnews.com. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  12. Kolbert, Elizabeth (20 de abril de 1994). "Frank Talk by Clinton To MTV Generation". The New York Times. Consultado o 2 de abril de 2010. 
  13. Shaputis Kathleen.
  14. Lusk, Brittani (5 de decembro de 2007). "Study finds kids take longer to reach adulthood". Daily Herald. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 30 de maio de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar