Dragan Bender

baloncestista croata

Dragan Bender, nado o 17 de novembro de 1997 en Čapljina, é un xogador profesional de baloncesto croata. Cunha estatura de 2,16 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Dragan Bender
Información persoal
Nacemento 17 de novembro de 1997 (26 anos)
Čapljina
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 113 kg (249 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Split (2012–2013)
Kaštela (2013–2014)
Maccabi Tel Aviv (2014–2016)
Ironi Ramat Gan (2014–2015)
Phoenix Suns (2016–2019)
Milwaukee Bucks (2019–2020)
Wisconsin Herd (2019–2020)
Golden State Warriors (2020)
Maccabi Tel Aviv (2020–2021)
Obradoiro (2022–2023)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, Bender foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Phoenix Suns.[1] O 7 de xullo de 2016, Bender asinou cos Suns o seu contrato coma rookie.[2] Debutou na NBA cos Suns o 26 de outubro de 2016 contra os Sacramento Kings. En tan só 12 minutos de xogo, saíndo dende o banco, fixo 10 puntos na derrota dos Suns por 113-94.[3]

O 25 de xullo de 2019, Bender asinou un contrato de dous anos cos Milwaukee Bucks.[4] Bender foi asignado ós Wisconsin Herd da NBA G League para o comezo da tempada. O 10 de febreiro de 2020, Bender foi cortado polos Bucks.[5]

O 23 de febreiro de 2020, Bender asinou un contrato de dez días cos Golden State Warriors.[6] O 5 de marzo de 2020, asinou un novo contrato de dez días cos Warriors.[7]

O 23 de agosto de 2022, anunciouse a fichaxe de Bender por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[8]

Notas editar

  1. "Suns select Dragan Bender with No. 4 pick". SI.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  2. Suns Sign Dragan Bender, Marquese Chriss and Tyler Ulis
  3. "Kings vs. Suns – Box Score". ESPN.com. 26 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  4. Bucks, forward Dragan Bender agree to deal
  5. "Milwaukee Bucks Request Waivers On Dragan Bender". NBA.com. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  6. "Warriors Sign Center Dragan Bender to 10-Day Contract". NBA.com. 23 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  7. "Warriors Sign Center Dragan Bender to Second 10-Day Contract". NBA.com. 5 de marzo de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  8. "O Monbus Obradoiro ficha a Dragan Bender". Obradoirocab.com. 23 de agosto de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar