Os Dr. Zaius son un grupo de rock galego fundado en Vigo (Galiza) no ano 2006 formado por cinco compoñentes. Os membros principais da banda, Luís Fernández (voz principal e guitarra rítmica) e Guillermo García Casas (guitarra principal e coros) levaban anos traballando no ámbito musical. O primeiro deles actuando polo panorama musical, alternando entre Vigo e Ourense, e o segundo por Vigo, ata que decidiron tocar xuntos, a pesar diso non se consolidaron como tal ata anos recentes.

Dr. Zaius
OrixeVigo, Galicia Galiza
Período2006 - actualidade
Xénero(s)Rock, rock clásico
Selo(s) discográfico(s)ningún
MembrosLuís F. Fernández (voz e guitarra)
Guille G. Casas (guitarra e coros)
Bruno Fresco (guitarra)
Abel Magallanes (batería)
Fran J. Rodríguez (baixo)
Antigos membrosDavid González Borjas (Batería)
Jose Rial (Guitarra)
Carlos Bóveda (Guitarra)
Victor Gómez Gallego (Batería)
Na rede
Musicbrainz: e7ea4696-89f3-4bb1-b1f6-98b9b7f87adf Songkick: 1812385 Discogs: 8083 Editar o valor em Wikidata

Anteriormente, tomaran parte no escenario galego como banda de versións, participando en diversos eventos polo que contan ademais cunha modesta experiencia de cara ao público e de cara á música. Así é como ámbolos dous compoñentes deciden dar nacemento a un grupo que dispón dunha notable formación xuntándose co resto dos membros: Jose Rial, David Borjas e Fran J. Rodríguez.

Destacan como influencias da banda clásicos da escena rockeira clásica como Led Zeppelin, Black Sabbath, Deep Purple ou os máximos expoñentes da psicodelia sesenteira The Doors. Así mesmo, contan con influencias de procedencia española como Héroes del Silencio ou os tamén recentes Skizoo.

No 2009 David G. Borjas e Jose Rial deixan a formación e incorpóranse Carlos Bóveda e Victor Gómez. Con estes integrantes é cando a banda autoedita o seu primeiro disco "En tierra de nadie" que se presentou oficialmente no Son Rías Baixas 2011, compartindo cartel con Albert Pla entre outros.

No 2013, pola marcha de Carlos e Victor, a banda adquire a súa composición actual, pasando a formar parte dela Bruno Fresco a guitarra rítmica e Abel Magallanes á batería.

Na actualidade[cando?] seguen traballando no que será o seu segundo disco mentres continúan as actuacións en vivo polo territorio galego.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar