Douglas A-20 Havoc

O Douglas A-20 Havoc (DB-7 segundo a designación da compañía) foi un avión de ataque, de recoñecemento e bombardeiro lixeiro estadounidense da segunda guerra mundial.

Douglas A-20 Havoc
A-20G Havoc
Tipobombardeiro lixeiro
FabricanteDouglas Aircraft Company
Deseñado porEd Heinemann
Primeiro voo23 de xaneiro de 1939
Introducido10 de xaneiro de 1941
Retirado1949 (USAF)
Produción1939-1944
Unidades construídas7 478

Serviu con varias forzas aéreas aliadas, principalmente coas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), a Forza Aérea Soviética (VVS), a Aviación Naval Soviética (AVMF), e a Royal Air Force (RAF) do Reino Unido. As unidades soviéticas recibiron máis dun terzo (2 908 avións) de todos os DB-7 finalmente construídos.

Tamén foi utilizado polas forzas aéreas de Australia, Suráfrica, Francia e os Países Baixos durante a guerra, e por Brasil tras ela.[1]

Nas forza aéreas da Commonwealth de Nacións, as variantes de bombardeo/ataque do DB-7 foron normalmente coñecidas co nome de servizo Boston, mentres que as de ataque nocturno e incursión foron coñecidas como Havoc. Unha excepción a isto foi a Real Forza Aérea de Australia, que se refería a todas as versións co nome de Boston.[2] A USAAF referíase á variantes de caza nocturna como P-70.

Notas editar

  1. Parker 2013, pp. 11, 18–19
  2. ADF-Serials (ed.). "RAAF A28 Douglas DB-7B, A-20A, A-20C & A20G Boston". Consultado o 7 de xullo de 2018. 

Bibliografía editar

  • Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California, Dana T. Parker Books, 2013. ISBN 978-0-9897906-0-4.